Mundo
Celébrase unha manifestación en Quebec en defensa do francés na función pública
A manifestación, organizada polo Movemento Montreal Francés, ten como obxectivo a defensa da lingua francesa en Quebec e máis concretamente na función pública.
Fonte: Branchez-vous
Un estudo afirma que as linguas asiáticas son "esenciais" para os australianos
Australia precisa cuadruplicar o número de estudantes que aprende linguas asiáticas para competir con outros países, segundo as recomendacións dun novo informe.
Fonte: The Sidney Morning Herald
O portugués fálase cada vez máis nas zonas urbanas de Mozambique
En Mozambique, o número de falantes da lingua portuguesa está a aumentar nas áreas urbanas, sobre todo na poboación máis nova residente de Maputo.
Fonte: DN
A conselleira vasca de Cultura promete manter as axudas ao éuscaro no País Vasco francés
A conselleira de Cultura, Blanca Urgell, decidiu seguir adiante co acordo de cooperación co Organismo Público da Lingua Vasca (OPLV), asinado en febreiro de 2007 polo anterior Goberno.
Fonte: El Correo Digital
A ONG irlandesa Pobal insta o Consello de Europa a protexer a lingua
Pobal, a organización de control da lingua irlandesa, instou o Comité de Ministros do Consello de Europa a tomar inmediatamente medidas para a protección e a promoción da lingua irlandesa en Irlanda do Norte, tendo en conta a recente publicación do informe do Reino Unido sobre a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Eurolang
Xente nova de diferentes culturas indíxenas alerta sobre a desaparición das súas linguas
Xente nova aimará, kichwa, jaqaru e quechua de Bolivia, Ecuador e Perú alertaron sobre o risco de desaparición das súas linguas e pediron medidas efectivas para o seu respecto e protección durante o Encontro Intercultural de Oratoria Indíxena 'Voces Andinas' que se celebrou en Lima.
Fonte: Terra
Segundo un estudo, os bebés teñen a mesma capacidade para aprender calquera idioma
Un estudo pioneiro desenvolvido entre varias universidades determina que os bebés teñen a mesma capacidade de aprender calquera idioma do mundo pero ao final do seu primeiro ano de vida esta capacidade redúcese para especializarse nos idiomas de referencia.
Fonte: Medicina TV
O 71 % dos traballadores dos Estados Unidos está aprendendo outra lingua para aumentar a súa empregabilidade
Durante a recente situación de declive económico, as persoas que buscan traballo están aprendendo outra lingua para ser máis competitivos fronte a outros candidatos que se presentan aos mesmos postos.
Fonte: Marketwire
O Instituto Cervantes ten 900 alumnos de catalán, 100 de galego e 100 de éuscaro
O Instituto Cervantes contou nos dous últimos anos, nos seus diferentes centros, con 900 alumnos de catalán, cen de galego e outros cen de éuscaro, cifras que contrastan coas 172.000 matrículas que tivo de español.
Fonte: ADN
O proxecto galés Celfeden une artistas e linguas menos usadas
Celfeden é un novo acto que ten como obxectivo unir artistas, linguas minoritarias e culturas, ao tempo que proporciona unha oportunidade única para responder á paisaxe espiritual e cultural de Gales a través dunha variedade de medios artísticos.
Fonte: Eurolang
Boletín
Subscríbase ao boletín