Mundo
Gmail traduce a outros idiomas as mensaxes de correo electrónico
Para que a barreira do idioma deixe de ser unha limitación nas comunicacións persoais, Google acaba de lanzar un sistema de tradución automático que se encaixa no correo electrónico de Gmail.
Fonte: Clarín
Mil voluntarios chineses van a Tailandia a ensinar chinés mandarín
Na capital tailandesa celebrouse unha cerimonia de benvida para o primeiro grupo de voluntarios chineses que van ensinar chinés mandarín. O número total de profesores chineses que se despraza a Tailandia en 2009, tras outros dous grupos que chegaron días despois, ascenderá a 1028.
Fonte: Xinhua
O presidente de Kirguizistán, Kurmanbek Bakíev, aproba o exame de lingua kirguís para concorrer aos comicios
O presidente de Kirguizistán, Kurmanbek Bakíev, demostrou o seu dominio da lingua kirguís ao aprobar o exame de idioma que teñen que presentar todos os aspirantes ao cargo de xefe de Estado, tal e como establece a lexislación.
Fonte: ADN
Perú celebra o Día do Idioma Nativo
Perú celebra o 27 de maio o Día do Idioma Nativo. Esta celebración promove o recoñecemento e respecto polos seus idiomas nativos: quechua, aimará ou linguas selváticas.
Fonte: De Perú
O comisario das linguas oficiais de Canadá fai público o seu informe anual
No seu informe anual 2008-2009, o Comisario das linguas oficiais, Graham Fraser, sinala que en Quebec é onde se atopa a maior proporción de persoas bilingües de Canadá e que máis dun terzo (36 %) dos francófonos, así como máis de dous terzos dos anglófonos (69 %), afirmaban no momento do último censo federal que se expresan en inglés e francés.
Fonte: CNW Group
Alertan do risco de desaparición da lingua tepehua en México
O Centro Estatal de Linguas e Culturas Indíxenas (CELCI) advertiu de que o tepehua está en risco de desaparecer do estado de Hidalgo, xa que só se ten un rexistro de 1583 falantes.
Fonte: Excélsior
A Radiotelevisión Vasca e a Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde asinan un acordo de colaboración
O grupo EITB (Radiotelevisión vasca) e a asociación Euskararen Erakunde Publikoa (Oficina Pública da Lingua Vasca, EEP/OPLB) de Iparralde asinaron un acordo de colaboración para impulsar a difusión en formato dixital dos medios de comunicación en éuscaro da radiotelevisión pública vasca en todo o País vasco-francés.
Fonte: EITB
Científicos galegos no exterior fan público un manifesto en defensa da lingua galega
Nove destacados investigadores, vinculados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), dan un paso adiante para rebater prexuízos lingüísticos.
Fonte: Vieiros
Ampliaranse as posibilidades de estudar a lingua finlandesa na República de Carelia
Os participantes na sesión do Consello de Representantes de carelios, vepsios e finlandeses da República de Carelia celebrado o pasado 27 de maio baixo a presidencia do máximo responsable do país, Sergey Katanandov, abordaron a cuestión do ensino da lingua finlandesa nas institucións educativas da República de Carelia.
Fonte: Republic of Karelia
Propoñen a creación dun instituto de lingua maia
Cun chamamento a unir forzas para traballar na metodoloxía do ensino da lingua maia, así como nos seus principios e regras cun enfoque cultural, inaugurouse un foro sobre cultura indíxena. Durante o acto, propúxose a creación dun instituto de lingua maia, ante os perigos que ameazan a supervivencia da lingua.
Fonte: Por esto
Boletín
Subscríbase ao boletín