Mundo

Os candidatos do PSD ao Parlamento Europeo queren manter o portugués como lingua da UE

Os candidatos do PSD ao Parlamento Europeo asinaron un contrato no que se compremeten a defender a Portugal no liderado europeo con Durão Barroso e a manter o portugués como lingua oficial da Unión Europea.

Fonte: Sol

Un grupo de maronitas intenta resucitar o arameo na súa aldea

Un grupo de maronitas intenta resucitar "a lingua de Cristo", o arameo, e conservar así o legado da súa aldea destruída por Israel en 1953.

Fonte: Último Segundo

A televisión estatal chinesa estuda a posibilidade de implantar unha canle en lingua portuguesa

A Televisión Central de China estuda a implementación dunha canle en portugués nos próximos dous anos. A información confirmouna o presidente da Asemblea da República de Portugal, Jaime Gama. Segundo o político, o obxectivo da medida será estreitar os lazos de China coa lingua portuguesa.

Fonte: Portal Imprensa

Suecia recibe críticas pola falta de esforzo a favor das linguas minoritarias

O Consello de Europa chamoulle a atención a Suecia pola súa falta de progresos á hora de fomentar a sensibilidade social e de promover programas educativos nas cinco linguas minoritarias do país.

Fonte: The Local

Preséntase en varios países unha importante investigación sobre o corpus do guaraní

Os avances do primeiro corpus de referencia do guaraní contemporáneo, denominado “Avakotepa”, foron presentados en varios congresos de Brasil, Arxentina e España. Búscase así revalorizar este idioma, segundo afirmaron os investigadores e responsables do proxecto.

Fonte: ABC Digital

O comisario de Multilingüismo afirma que as pemes "están a perder negocio" pola falta de competencias lingüísticas

As pequenas e medianas empresas de Europa están a perder negocio pola falta de "habilidades lingüísticas e interculturais" dos seus empregados, tal e como lles comunicou o comisario de Multilingüismo a representantes de empresarios.

Fonte: EurActiv

Lanzarán un novo servizo de noticias en liña en galés

A revista en lingua galesa Golwg (Vista) anunciou que lanzará o seu novo servizo de noticias en liña, “Golwg 360”, o venres 15 de maio.

Fonte: Eurolang

Seis ministerios do Goberno irlandés infrinxen as leis sobre a lingua irlandesa

Seis ministerios do Goberno irlandés e seis axencias nacionais infrinxen as leis que protexen a lingua irlandesa, segundo o informe anual do comisario do irlandés.

Fonte: Ireland On-Line

Catorce institucións de ensino superior de Portugal crean unha rede para promover o ensino de idiomas

Catorce institucións crearon unha Asociación de Centros de Linguas do Ensino Superior para promover a aprendizaxe de idiomas e desenvolver proxectos conxuntos neste ámbito, como, por exemplo, cursos a través de internet.

Fonte: DNPortugal

Reclaman a introdución da lingua crioula no Parlamento mauriciano

Unha ONG mauriciana, Ledikasyon pu Travayer (Educación para os traballadores) reclamou a introdución no Parlamento de Mauricio da lingua crioula, falada por case todos os mauricianos, no mesmo grao que o inglés ou o francés.

Fonte: Afrique en ligne

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder