Mundo
O Senado brasileiro lanza unha versión en braille da guía do novo acordo ortográfico
O Senado brasileiro lanzou o día 15 de abril, na Biblioteca Acadêmico Luiz Viana Filho, unha guía impresa en braille do Novo Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.
Fonte: Senado Federal
Zambia introduce a lingua portuguesa no currículo escolar
A lingua portuguesa poderá ensinarse proximamente nas escolas do ensino de base de Zambia, segundo anunciou en Luanda o ministro zambiano para os Asuntos da Presidencia, Ronald Mukuma.
Fonte: Panapress
A provincia canadense de New Brunswick celebra 40 anos como a única oficialmente bilingüe do país
Hai corenta anos, New Brunswick aprobou a Lei de linguas oficiais, que cambiou o curso da historia da provincia e desencadeou un debate cultural e social que aínda continúa hoxe.
Fonte: Edmonton Sun
Realízase un estudo en Suíza sobre a aprendizaxe de linguas estranxeiras
Os nenos escolarizados en Suíza central e que comezaron aprendendo inglés aprenden mellor o francés. E os que medraron nun contexto plurilingüe teñen vantaxes na súa aprendizaxe do francés. Esta é a conclusión dun estudo piloto realizado no marco do Programa nacional de investigación "Diversidade de linguas e competencias lingüísticas en Suíza".
Fonte: Presseportal
A exposición "As nosas palabras, os nosos mundos" permanecerá durante o mes de maio na capital de Arxentina
A mostra sobre o galego e a diversidade lingüística poderá visitarse no espazo Casa da Cultura de Bos Aires entre o 15 e o 28 de maio. Trátase da segunda vez que viaxa ao estranxeiro, logo do seu paso pola Comisión Europea de Bruxelas en setembro do ano pasado.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha web convida a europeos de toda a Unión a reclamar a oficialidade do catalán na UE
A páxina web oficialitat.cat, dispoñible en máis de trinta linguas, espera conseguir sinaturas de cidadáns de toda Europa para que a presidencia española da Unión, prevista para o primeiro semestre de 2010, promova que o catalán se converta en oficial neste organismo.
Fonte: El País
Promoven un CD con versións en linguas indíxenas do himno nacional de México
O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali) promove a gravación do himno nacional en linguas indíxenas, para que en 2010 se integre nun disco compacto destinado a conmemorar o Bicentenario da Independencia de México.
Fonte: SDP
Segundo un estudo, a lexislación plurilingüe de Suíza supón unha vantaxe
Un recente estudo do Fonds national estudou o impacto do multilingüismo helvético sobre os textos xurídicos e conclúe que, mesmo existindo posibilidades de mellora, o feito de ter que lexislar nas tres linguas de Suíza permite mellorar a calidade lexislativa.
Fonte: Swissinfo
Recóllense sinaturas pola oficialidade da lingua tátara en Rusia
Diversas organizacións tátaras, a comunidade máis numerosa en Rusia despois da maioría rusa, comezaron unha campaña para demandar a Moscova un maior recoñecemento da súa lingua e o respecto á soberanía da República federada do Tatarstán.
Fonte: Nationalia
Colombia inaugura a súa Primeira Festa das Linguas Nativas
O Ministerio de Cultura de Colombia inaugurou unha trintena de actividades programadas para celebrar a Primeira Festa das Linguas Nativas, que se desenvolverá ao longo desta semana no marco do Día do Idioma.
Fonte: ADN
Boletín
Subscríbase ao boletín