Mundo
O Laboratorio europeo de anticipación política-Europa 2020 identifica novas tendencias lingüísticas na UE
O Laboratorio europeo de anticipación política-Europa 2020 interesouse pola evolución lingüística na Unión Europea e identificou cinco tendencias susceptibles de modificar os equilibrios lingüísticos de aquí a unha xeración. Entre elas está a revitalización do francés ou o fin do inglés como lingua hexemónica.
Fonte: AmériQuébec
Unha coalición de eurodeputados quere anular o informe sobre multilingüismo
Nun cambio sorprendente unha coalición de eurodeputados liderada por Maria Badia (PES) e Mikel Irujo (EFA) e apoiada pola EBLUL presentou un informe alternativo sobre multilingüismo no Parlamento Europeo. A resolución alternativa pretende modificar, na votación plenaria do 26 de marzo, o controvertido informe presentado por Vasco Graça Moura (EPP).
Fonte: Eurolang
Mestres do distrito Gali de Abxasia reciben presións para abandonar a lingua xeorxiana
Mestres do distrito Gali de Abxasia están afeitos desde hai tempo a traballar cun presuposto moi reducido. Para eles, o envío gratuíto de libros de texto novos é causa de alegría. A non ser que os libros estean en ruso.
Fonte: Radio Free Europe
Asinan un acordo para protexer os dereitos lingüísticos indíxenas en México
A Comisión Nacional dos Dereitos Humanos (CNDH) e o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) asinaron un convenio para a protección e a difusión dos dereitos lingüísticos dos pobos e comunidades indíxenas de México.
Fonte: Yahoo Noticias
O Parlamento Europeo rexeita a resolución que cuestiona o sistema catalán de inmersión lingüística
O pleno do Parlamento Europeo rexeitou a resolución promovida polo PP que cuestiona o sistema catalán de inmersión lingüística na educación e aprobou un texto alternativo que resalta que é "esencial" salvagardar o multilingüismo nos países ou rexións en que coexistan dúas ou máis linguas oficiais.
Fonte: Europa Press
Preséntase un plan para formar mestres en lingua catalá na Cataluña do Norte (Francia)
A Universidade de Perpiñán Via Domícia (UPVD) presentou un plan para formar mestres en lingua catalá na Cataluña do Norte, ante as carencias que existen neste ámbito nas comarcas setentrionais do país. O plan tamén pretende fomentar o ensino do catalán ante as urxencias que existen por recuperar o uso desta lingua.
Fonte: Móndivers
Arredor de 150 linguas e dialectos de Indonesia enfróntanse ao esquecemento
Unhas 150 linguas e dialectos de Indonesia enfróntanse á extinción nun futuro próximo pola puxanza do idioma nacional, o indonesio, e o enquistamento da pobreza nas áreas rurais dun país que conta con preto de 800 idiomas.
Fonte: ADN
A UE reforzará os intercambios lingüísticos con China
O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, inicia unha xira por China para consolidar os intercambios lingüísticos entre a Unión Europea (UE) e o país asiático e, deste modo, estreitar os vínculos entre ambos.
Fonte: Terra
Portugal e Cabo Verde fixan o 5 de maio como «data indicativa» para a entrada en vigor do Acordo Ortográfico
Portugal e Cabo Verde deberán iniciar a aplicación do Acordo Ortográfico o 5 de maio, malia que a data sexa aínda "meramente indicativa", segundo afirmou á Axencia Lusa o ministro de Cultura caboverdiano.
Fonte: Jornal Digital
O Ano da Lingua Rusa comeza en China
O Ano da Lingua Rusa lanzouse oficialmente en China o venres 27. Durante unha cerimonia no Gran Salón do Pobo en Pequín, os organizadores anunciaron o calendario para o proxecto de intercambio cultural deste ano.
Fonte: CCTV.com
Boletín
Subscríbase ao boletín