Mundo

Aumenta considerablemente en moitos países a demanda para aprender chinés

Co continuo aumento da posición internacional de China e a expansión diaria das súas relacións internacionais, a demanda de aprendizaxe da lingua chinesa está a medrar enormemente en moitos países do mundo.

Fonte: People's Daily Online

Euronews engadirá o turco a partir de 2010

Euronews lanzará unha versión en lingua turca en xaneiro do próximo ano. Euronews conectará coa Radiotelevisión Turca e esta será unha accionista da canle.

Fonte: Rapid TV News

A Secretaría de Política Lingüística de Galicia pon en valor na Expolingua de Portugal os recursos para difundir o galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia participa nesta feira cun expositor no que ofrece información sobre os cursos de verán para estranxeiros, as publicacións do Centro Ramón Piñeiro e a rede de proxección exterior do galego.

Fonte: Xunta de Galicia

Consideran un proxecto de lei para esixir un uso correcto da lingua hawaiana

Os lexisladores de Hawai están considerando un proxecto de lei que esixiría que o Goberno local mellorase o uso que fai da lingua hawaiana.

Fonte: KGMB9

Presentarán un recurso de inconstitucionalidade ao decreto da Educación Bilingüe en Ecuador

O Movemento Indíxena de Ecuador presentará un recurso de inconstitucionalidade ao decreto executivo sobre a Educación Bilingüe.

Fonte: La Gaceta

O plan da lingua galesa podería obrigar as organizacións deportivas a realizar as comunicacións en galés

A Asociación da Lingua Galesa (Welsh Language Board), que promove esta lingua, apelou á Asemblea Nacional para ampliar a lexislación aprobada na actualidade para incluír unha maior variedade de organizacións.

Fonte: Wales Online

Comeza en Nepal a primeira enquisa lingüística

Unha enquisa lingüística, a primeira deste tipo, comeza a realizarse formalmente esta semana, co obxectivo de identificar, preservar e promover as linguas e dialectos utilizados en Nepal.

Fonte: Nepalnews

A India e a Unión Europea asinan unha declaración conxunta para promover o multilingüismo

A Unión Europea e a India asinaron unha declaración conxunta para reforzar a cooperación e o diálogo sobre a diversidade lingüística e o diálogo intercultural, segundo informou EuAsiaNews.

Fonte: SmasHits

O idioma español gaña terreo na República Checa

O idioma español segue gañando terreo. No máis recente informe do Ministerio de Educación de España dise que o interese e a demanda pola lingua española na República Checa continúa aumentando.

Fonte: Radio Praha

Uns 1,6 millóns de persoas consultaron a Wikilengua do español

A Wikilengua do español, o espazo en internet sobre o uso práctico deste idioma, cumpriu xa o seu primeiro ano de vida e desde que se puxo en marcha, en xaneiro de 2008, alcanzou os 4,5 millóns de páxinas visitadas e foi consultada por máis de 1,6 millóns de persoas.

Fonte: Galicia Hoxe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder