Mundo
O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas creará un rexistro de tradutores indíxenas especializados en procesos xudiciais

O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali) enfocará as actividades do Día Internacional da Lingua Materna, que se celebrará o 21 de febreiro, a impulsar un rexistro de intérpretes e tradutores de linguas indíxenas nacionais de México especializados en procesos xudiciais.
Fonte: El Sendero del Peje
Suíza pretende mellorar a aprendizaxe de linguas nacionais entre a poboación estranxeira
Intensificar os esforzos de tradución para integrar mellor a poboación estranxeira en Suíza é unha medida recomendada por un estudo da Fundación Nacional Suíza para a Ciencia (FNS). Tamén se lle pide ao Estado que recorra a estímulos positivos para mellorar a aprendizaxe das linguas nacionais.
Fonte: Normandie News
Redúcense os falantes de linguas indíxenas no estado mexicano de Michoacán
A perda das linguas indíxenas en Michoacán agrávase cada ano. Tan só no 2000 existían uns 120000 falantes dalgunha das linguas indíxenas propias de Michoacán (purépecha, nahua, mazahua e otomí), pero en 2005 a cifra reduciuse a aproximadamente 112000.
Fonte: Cambio de Michoacán
Dous deputados piden que se introduza o esperanto na UE
Dous deputados alleos aos conflitos políticos que xera a inmersión lingüística en Cataluña aproveitaron para pedir que se introduza o esperanto como lingua de uso na Unión Europea.
Fonte: ABC
A Unesco recolle 2500 linguas en perigo
O Atlas internacional de linguas en perigo de 2009 estima en 2511 o número de linguas vivas cuxa situación é vulnerable, en perigo, seriamente en perigo ou en situación crítica no mundo.
Fonte: Le Monde
A Unesco e o Movemento dos Países Non-Aliñados destacan a importancia de protexer as linguas nativas
Os directivos da Unesco e os diplomáticos do Movemento dos Países Non-Aliñados salientaron a importancia das linguas indíxenas dentro do concepto da diversidade cultural. Expertos internacionais, auspiciados polo grupo dos NOAL na Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco), impartiron conferencias sobre cosmovisión, globalización, desenvolvemento e paz.
Fonte: Prensa Latina
A UE pide aos falantes nativos de inglés que aprendan máis linguas estranxeiras para ser tradutores e intérpretes en Bruxelas
A Unión Europea, a través dunha mensaxe en YouTube, pídelles aos falantes nativos de inglés dos 27 Estados membro que aprendan outras linguas europeas para poder traballar en Bruxelas como tradutores e intérpretes.
Fonte: All Headline News
Demandan o ensino en todas as linguas africanas
O inglés era a razón que xustificaba que os estudantes africanos obtivesen malos resultados nos exames finais, debido ás súas dificultades de comprensión, segundo afirmou un alto funcionario de educación de Cabo Oriental. No seu relatorio no 10.º Día Internacional da Lingua Materna, o presidente do Comité Permanente de Educación, Bulelwa Thunyiswa-Gqoboka, apelou ao Ministerio de Educación nacional para que introduza as linguas africanas no ensino de todas as materias.
Fonte: Dispatch Online
Demandan en Panamá que as clases se impartan nas linguas nativas
En Panamá hai uns 300000 indíxenas de sete grupos diferentes, que buscan preservar os seus costumes, tradicións e a súa lingua nativa. Por iso, o seu obxectivo é que nas escolas se fale a súa propia lingua.
Fonte: Día a Día
"Os idiomas importan", salienta un alto cargo da ONU no Día Internacional da Lingua Materna
A Organización para as Nacións Unidas persegue o multilingüismo como forma de promover, protexer e conservar a diversidade lingüística e cultural do mundo, segundo afirmou o alto cargo desta organización responsable das comunicacións nunha mensaxe con motivo do Día Internacional da Lingua Materna.
Fonte: UN News Centre
Boletín
Subscríbase ao boletín