Mundo
O Ministerio de Cultura de Colombia espera a aprobación dunha nova lei de linguas nativas
Tras un encontro na cidade de Bogotá de trinta líderes das comunidades afrodescendentes, xitanas, palenqueros (falantes da lingua palenque) e indíxenas de todo o país discutiuse o proxecto de lei que busca favorecer a protección e o fomento das linguas nativas.
Fonte: Vanguardia
O vicepresidente catalán leva a Ecuador un millón de euros para as linguas indíxenas
O vicepresidente do Goberno catalán, Josep Lluís Carod-Rovira, terminou unha visita de tres días a Ecuador en defensa dos sistemas educativos bilingües.
Fonte: El País
Desenvolven un tradutor de quechua para internet

Un equipo de enxeñeiros traballa nun proxecto denominado “Tecnoloxía lingüística ao servizo da educación a pobos indíxenas” que ten como obxectivo salvar dúas linguas en perigo de extinción: o náhuatl e o quechua. A súa misión é ofrecer unha ferramenta de acceso á información de internet a todas as comunidades do planeta que falen algún destes dous idiomas.
Fonte: La Gaceta
TV5Monde lanza un servizo de internet gratuíto para aprender francés a través do teléfono móbil
A canle francófona internacional TV5Monde anunciou o lanzamento dun servizo de internet de lingua francesa gratuíto para o teléfono móbil destinado a aprender este idioma de xeito lúdico.
Fonte: AFP
Os curas do estado mexicano de Chiapas deberán falar linguas indíxenas
Un requisito para ingresar como sacerdote do seminario de San Cristóbal será falar polo menos unha lingua indíxena, pois a maioría da poboación da diocese pertence a algunha etnia.
Fonte: La Jornada
Turquía ignora os dereitos das minorías nas escolas
Case a metade dos nenos kurdos desprazados en Turquía non pode asistir á escola e outras minorías enfróntanse á discriminación institucional na educación, segundo afirmou un informe. Os nenos kurdos, así como doutros grupos étnicos, que asisten ás escolas públicas non poden estudar na súa lingua materna.
Fonte: International Herald Tribune
Os habitantes de Singapur chineses, chamados a falar mandarín como lingua común
Singapur posúe o privilexio de ter unha comunidade de falantes de mandarín e este idioma debe converterse na lingua común dos habitantes de Singapur chineses. Así se indica nunha nova campaña en favor do mandarín que xa se leva facendo dende o ano 1979.
Fonte: French Xinhuanet
O inglés non é a lingua inicial dun de cada sete alumnos de primaria do Reino Unido
As cifras amosan que máis de medio millón de mozos do Reino Unido ten como lingua inicial un idioma distinto do inglés, o que supón un 14,3 % do total.
Fonte: Telegraph
Un lingüista anima as familias a falar en linguas vernáculas en Angola
O lingüista Domingos Lopes animou as mulleres da Igrexa Metodista a crear o hábito de usar as linguas vernáculas nas súas casas.
Fonte: Agência Angola Press
Corea envía expertos a Paquistán para promover a lingua coreana
Corea enviará un grupo de expertos para promover a lingua coreana en Paquistán, segundo afirmou o embaixador de Corea Shin Un, que participou no terceiro Concurso de Discursos Coreano na Universidade Nacional de Linguas Modernas.
Fonte: Daily Times
Boletín
Subscríbase ao boletín