Mundo

A inmigración e a mundialización frean a introdución do francés nas empresas de Quebec

A introdución do francés nas empresas quebequesas estáncase, a pesar dun aumento dos esforzos neste sentido, debido á mundialización e ao incremento da inmigración.

Fonte: The Canadian Press

Cataluña asina un convenio para promover o catalán en L'Alguer (Italia)

O vicepresidente do Goberno catalán, Josep-Lluís Carod-Rovira, anunciou a apertura dunha sede de representación da Generalitat de Catalunya en L'Alguer, despois de asinar un convenio para a promoción do uso social da lingua e a difusión da cultura catalá.

Fonte: Avui

O viceministro de Educación chinés fai un chamamento aos países para que conserven as linguas

O viceministro de Educación de China, Zhang Xinsheng, pide cooperación na conservación das linguas do mundo, moitas das cales prevé que se deixen de usar a finais do século XXI.

Fonte: SmartBrief

A ancestral lingua maia está en risco de desaparecer en México

A ancestral lingua indíxena maia que se fala na mexicana Península de Iucatán está en risco e en tan só un século podería desaparecer, advertiu nun comunicado o Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH).

Fonte: La Nación

Preséntase unha versión da Constitución Europea en verso e en galego

O Grupo de Poetas de Bruxelas presentou nesta cidade unha versión da Constitución Europea en verso. Os 120 artigos do texto, o preámbulo, as disposicións transitorias e as adendas constitucionais foron traducidos a unha vintena de idiomas oficiais da UE. O galego é a única lingua empregada que non goza deste status.

Fonte: Fundación Galicia Europa

A Unesco reúne un grupo de expertos sobre linguas e TIC

A Unesco e a Comisión Nacional Chinesa para a Unesco organizaron recentemente un encontro internacional co obxectivo de reunir unha serie de expertos en materia de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e aprendizaxe de linguas. O obxectivo da reunión foi, por un lado, explorar o potencial das TIC aplicado ás linguas e a didáctica e, por outro, crear unha nova rede internacional dedicada aos profesionais da ensinanza e aos alumnos.

Fonte: Linguamón

Lingüistas alertan da extinción de linguas indíxenas en Nixeria

A Asociación Lingüística de Nixeria alerta de que as linguas indíxenas do país están a punto de extinguirse, debido á preferencia polas linguas e culturas estranxeiras.

Fonte: Vanguard

Comezan as emisións da radiotelevisión pública turca en linguas kurda e armenia

A radiotelevisión pública turca TRT comezou as emisións de radio en linguas kurda e armenia.

Fonte: Armenews

Un investigador alerta do perigo de desaparición da lingua náhuatl

Para o investigador Gustavo Benavides Benavides, da Benemérita Universidade Autónoma de Puebla (BUAP), o náhuatl é unha lingua materna que se está perdendo no país por varios factores, principalmente porque non hai unha política oficial.

Fonte: SDP Noticias

O 80 % da xente nova que fala mixteco non escribe nesta lingua

O Instituto Estatal de Educación para Adultos (IEEA) deu a coñecer que aproximadamente o 80 % da xente nova que fala mixteco non o escribe, a consecuencia de que para moitos xa non é unha prioridade entre outros factores polo pouco apoio dos centros educativos.

Fonte: NSS Oaxaca

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder