Mundo
Asínase un convenio para que se estude español en Portugal e portugués en España
O ministro español de Educación, Ángel Gabilondo, e a súa homóloga portuguesa, María Lourdes Rodrigues, anunciaron en Lisboa, que "en breve" se asinará en Mérida un "convenio marco" para que se dean as condicións da ensinanza do portugués en España e viceversa.
Fonte: Antena 3
O kurdo figurará xunto co inglés e o árabe no novo pasaporte iraquí
O ministro do Interior iraquí, Jawad Boulani, afirmou que a lingua kurda figurará xunto co árabe e o inglés no novo pasaporte iraquí.
Fonte: UAE Daily News
Guatemala pide que Iberoamérica apoie as linguas vernáculas
O ministro de Cultura e Deportes de Guatemala, Jerónimo Lancerio, pediu que os xefes de Estado de Iberoamérica apoien e recoñezan as linguas maternas orixinarias de Latinoamérica.
Fonte: Prensa Libre
O Goberno catalán expón a política lingüística da Generalitat no Parlamento británico
O secretario de Política Lingüística, Bernat Joan, acompañado do secretario de Telecomunicacións e Sociedade da Información, Jordi Bosch, compareceu ante a Comisión de Asuntos Galeses do Parlamento británico.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Impulsarán os idiomas español e portugués en internet

Os ministros iberoamericanos de Cultura decidiron dar un impulso á difusión do español e o portugués en internet e no mundo da ciencia e a tecnoloxía, no que os expertos recoñecen un grande atraso fronte ao inglés.
Fonte: El Universal
Colombia impulsa un programa para salvar da extinción 69 linguas nativas
O goberno colombiano impulsa, da man dun científico francés, un programa que celebra a diversidade lingüística do país -unhas 69 linguas- e busca rescatar algunhas delas da extinción, a través dun proxecto de lei e actividades do Ministerio de Cultura.
Fonte: TeleSur
Arabia Saudí lanza unha canle de televisión en turco e persa
A emisora de Arabia Saudí apoiada polo Estado vai lanzar unha canle de televisión en turco e persa. Tratarase da quinta canle terrestre do Reino e estará dispoñible vía satélite en todas as rexións.
Fonte: Rapid TV News
Queren poñer en marcha un instituto internacional das linguas africanas
O Movemento de docentes de linguas africanas en Senegal (MELAS) ten como obxectivo inmediato poñer en marcha un instituto internacional das linguas africanas (IILA) para estudar os idiomas máis falados neste continente.
Fonte: APS
BBC ALBA lanza novas iniciativas para a aprendizaxe do gaélico
O recurso educativo en liña da BBC ALBA, Beag air Bheag, foi relanzado para ofrecer un servizo máis actualizado e mellorado. Beag air Bheag significa en gaélico "pouquiño a pouco" e así é como a páxina web pretende axudar a xente a aprender gaélico.
Fonte: Eurolang
Suspenden temporalmente en Ruanda as emisións da BBC en lingua quiñaruanda
O Goberno ruandés decidiu "suspender temporalmente" todos os programas en lingua quiñaruanda da Radio BBC despois dunha emisión considerada controvertida.
Fonte: AFP
Boletín
Subscríbase ao boletín