Mundo

O Consello de Europa afirma que Suecia debe facer máis pola lingua sami do sur

O Comité de Ministros do Consello de Europa publicou o seu terceiro informe sobre a situación das linguas rexionais de Suecia. Nunha parte deste informe, o Comité de Ministros apela o Goberno sueco para que leve a cabo "accións decididas no ámbito da educación para conservar o sami do sur", que advirte que está "especialmente en perigo".

Fonte: Eurolang

Desenvolven un tradutor automático bretón-francés

Este tradutor chámase Apertium e foi posto en marcha por un enxeñeiro informático galés na Universidade de Alacant en colaboración coa Oficina da Lingua Bretoa.

Fonte: Ouest-France

Publican en Perú o dicionario máis amplo dunha lingua amerindia

O profesor da Universidade de Valencia, Julio Calvo Pérez, acaba de publicar en Perú o dicionario máis amplo de todos os existentes dunha lingua amerindia, concretamente o quechua.

Fonte: ADN

Crean un xogo didáctico en México para preservar unha lingua indíxena

O Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH) de México creou un xogo didáctico denominado "Maratón Yoreme", que ten o obxectivo de preservar a lingua indíxena "mayo", falada no estado mexicano de Sonora (norte).

Fonte: Xinhuanet

Unha editorial de lingua irlandesa lanza o primeiro dicionario irlandés-español

Con máis de 19.000 entradas e unha breve introdución á gramática irlandesa e a refráns, o dicionario constitúe un valioso recurso para un importante número de persoas de Irlanda, así como para falantes de español que están aprendendo irlandés en España, América do Sur e tamén nos Estados Unidos.

Fonte: Europeanirish

Traducen a Constitución Mexicana a tres linguas indíxenas en Veracruz

O obxectivo desta tradución é difundir entre os habitantes indíxenas o contido da Constitución Mexicana, coa finalidade de que coñezan os seus dereitos como mexicanos e diminúan os abusos contra eles.

Fonte: Excélsior

Piden que se transfira á Asemblea de Gales a toma de decisións relativas á lingua galesa

Máis de 300 persoas participaron na manifestación da Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (Sociedade da Lingua Galesa) fóra do edificio do Goberno da Asemblea de Gales en Cardiff o pasado sábado 16 de maio, co fin de apoiar a petición de que as decisións relativas á lingua galesa pasen de tomarse no Parlamento Británico en Londres á Asemblea electa.

Fonte: Eurolang

A lingua portuguesa será optativa no ensino oficial venezolano

Segundo afirmou o secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, António Braga, o ensino da lingua portuguesa será optativo no ensino oficial de Venezuela a partir do próximo ano lectivo.

Fonte: Diário Digital

O Ministerio de Cultura portugués traballa na creación do instituto da lingua mirandesa

O Ministerio de Cultura portugués garante que está a traballar para crear en breve un instituto de defensa e promoción do mirandés, nun momento en que se sinala o décimo aniversario da oficialidade da lingua mirandesa.

Fonte: Expresso

A pequenísima minoría livoniana de Letonia loita por manter a súa lingua viva

Este grupo étnico indíxena, coma a súa lingua, o livoniano, está a punto de extinguirse. Os medios de comunicación letóns informaron recentemente de que o último falante nativo de livoniano morrera en febreiro. Non obstante, os propios livonianos cren que non pode ser o último.

Fonte: Baltic Course

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder