Mundo
O Instituto Cervantes e o Camões móstranse a favor dun espazo das linguas iberoamericanas
O Instituto Cervantes de España e o Camões de Portugal analizaron o proxecto para crear un espazo de linguas iberoamericanas a través dunha institución que promova as que se falan na península Ibérica e as orixinarias de América.
Fonte: ADN
A exposición "As nosas palabras, os nosos mundos" chega a Arxentina para promover a diversidade lingüística no mundo
A exposición “As nosas palabras, os nosos mundos”, coa que a Xunta de Galicia convida a facer un percorrido pola historia do galego no contexto mundial da diversidade lingüística, chega o 15 de maio á Casa da Cultura de Bos Aires, onde permanecerá ata o 28 deste mesmo mes.
Fonte: Xunta de Galicia
A Unesco propón a súa Plataforma de Formación Aberta como ferramenta de aprendizaxe de linguas en liña
Nunha reunión celebrada o pasado mes de marzo, un grupo de expertos convidados pola Unesco e a Comisión Nacional Chinesa reuniuse por primeira vez co obxectivo de analizar a viabilidade da creación dunha rede virtual para a aprendizaxe de linguas.
Fonte: Linguamón
A Oficina da Lingua Bretoa celebra os seus dez anos de existencia
O vindeiro 30 de maio a Oficina da Lingua Bretoa festexará os seus dez anos de existencia no Pazo de Congresos de Lorient.
Fonte: OLB
Portugal quere un maior esforzo na implementación da lingua portuguesa no Banco Africano de Desenvolvemento
Portugal recoñeceu "o empeño demostrado" pola actual dirección do Banco Africano de Desenvolvemento na utilización do portugués nas súas relacións cos países que o usan como lingua oficial, pero pediu un maior esforzo na súa implementación.
Fonte: Açoriano Oriental
Xuíces bolivianos aprenden linguas orixinarias para optimizar o servizo xudicial
Coa finalidade de prestar un mellor servizo á poboación de fala quechua e aimará, algúns xuíces e persoal de apoio do Tribunal Departamental de Xustiza acoden a cursos para aprender estes idiomas, dixo o presidente do Tribunal Superior do Distrito de Oruro.
Fonte: FM Bolivia
Un estudo mostra o desequilibrio lingüístico da Administración suíza
A representación equitativa das catro linguas nacionais suízas na Administración federal non é máis que unha ilusión, segundo un estudo que mostra tamén que o desequilibro é particularmente visible entre o persoal dirixente.
Fonte: Swissinfo
Demandan en México un impulso das linguas nativas
En México o impulso das linguas nativas é case inexistente. En caso de non tomar medidas pronto, para o 2020 so se falarán 40 dialectos, destacou a organización Pueblos Indígenas en México.
Fonte: Diario de Xalapa
Desvélanse os plans futuros para unha educación en galés
A ministra galesa de Xuventude, Educación, Aprendizaxe Permanente e Coñecementos, Jane Hutt, lanzou o 13 de maio de 2009 para consulta a primeira Estratexia nacional para a Educación en Galés.
Fonte: Eurolang
Copenhague propón o árabe como segunda lingua nas escolas
O Concello de Copenhague quere introducir o árabe como segunda lingua estranxeira despois do inglés co obxectivo de axudar á integración dos mozos e mozas de orixe árabe.
Fonte: Romandie
Boletín
Subscríbase ao boletín