Mundo

Abrirán unha cátedra en Cuba para o ensino da lingua chinesa

O embaixador de China en Cuba, Zhao Rongxian, anunciou a próxima apertura dunha cátedra de estudos dese idioma na illa. O diplomático precisou que o proxecto forma parte dos intercambios culturais entre ambos os países, con especialistas no ensino para estranxeiros.

Fonte: Granma

Legalmente o coreano estándar é a lingua falada en Seúl

O Tribunal Constitucional decidiu que a lei que define o coreano estándar como a lingua usada en Seúl é constitucional. Promulgada en 1988, un artigo da Lei da lingua coreana establece que o coreano estándar é "só a lingua falada polas persoas cultas de Seúl".

Fonte: The Korea Times

Expertos chineses suxiren volver aos caracteres tradicionais

A posibilidade de interpretar as valiosas ensinanzas dos clásicos da literatura chinesa podería perderse se non se retorna aos caracteres tradicionais.

Fonte: La Gran Época

Un novo portal chamado Presseurop traduce artigos de xornais da Unión Europea a dez linguas

O 26 de maio lanzouse unha nova web para que os cidadáns dos 27 Estados membro da Unión Europea falen e lean sobre os mesmos temas, algo que ata o de agora se viu dificultado polas barreiras lingüísticas.

Fonte: EUObserver

Propoñen medidas para a introdución da lingua maia nos niveis básicos da educación

Impulsar a obrigatoriedade do ensino da lingua maia nos niveis básicos, pedir a creación de centros de formación de educadores indíxenas ou facer requisito indispensable o uso da lingua maia en todas as dependencias gobernamentais son algunhas das propostas e conclusións do foro “Retos no ensino da lingua maia”.

Fonte: Por esto!

Créase unha asociación de defensa da lingua occitana

Coccisugi é o nome da nova asociación dedicada á valorización e á promoción da lingua e a cultura occitanas.

Fonte: Sud Ouest

A Unión Federal de Nacionalidades Europeas e a Academia Europea Bozen lanzan unha rede a favor da diversidade lingüística

A Unión Federal de Nacionalidades Europeas (Federal Union of European Nationalities, FUEN) e a Academia Europea Bozen/Bolzano (European Academy Bozen/Bolzano, EURAC) lanzaron a súa nova rede lingüística en Bozen (Tirol do Sur). Esta nova rede promoverá o plurilingüismo e a diversidade lingüística centrándose nas linguas rexionais e minoritarias.

Fonte: Eurolang

Crean un arquivo dixital para preservar as linguas indíxenas

O mocoví, o tapiete, o vilela e o wichi son as catro primeiras linguas indíxenas faladas en Arxentina incorporadas ao Arquivo Dixital de Linguas do Laboratorio de Documentación e Investigación (DILA).

Fonte: Bariloche 2000

A Carta da Lingua Francesa non se aplicará ás empresas federais de Quebec

Unha maioría de deputados federais pronunciouse en contra do proxecto de lei do Bloque Quebequés que propoñía a aplicación da Carta da Lingua Francesa (coñecida como a Lei 101) nas empresas federais de Quebec rexidas polo Código canadense do traballo.

Fonte: La Presse Canadienne

Os partidos políticos ven o ingreso de Andorra na UE como a vía para a oficialidade do catalán

Os candidatos cataláns ás eleccións europeas avalan unha eventual entrada do Principado de Andorra na UE, aínda que a condicionan a que deixe de ser un paraíso fiscal, e ven nesta argumentos para que o catalán se converta en lingua oficial nas institucións comunitarias.

Fonte: Europa Press

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder