Mundo

Irlanda e Bretaña lanzan sitios web de noticias bilingües

Tanto Irlanda coma Bretaña crearon sitios web de noticias bilingües. O novo servizo irlandés, Inside Ireland, céntrase nos negocios e lanzouse oficialmente en Dublín nas oficinas de Foras na Gaeilge. O servizo bretón Daktu lánzase en Lorient e as noticias diarias estarán en bretón e francés.

Fonte: Eurolang

O Ministro de Cultura de Portugal defende a creación dunha Academia da Lingua Portuguesa

O ministro de Cultura de Portugal, José António Pinto Ribeiro, defendeu a creación dunha academia dedicada á lingua portuguesa porque o modelo da actual Academia das Ciências de Lisboa está "esgotado".

Fonte: Expresso

As linguas indíxenas seguen marxinadas en Guatemala

Seis anos despois da aprobación da Lei de idiomas nacionais, que ordena ter un sistema onde os servizos e a atención pública tamén se impartan en linguas xinca e garífuna, non se aprobou o regulamento para a súa aplicación real.

Fonte: Argenpress

Decae o ensino en lingua árabe

Os expertos reuníronse en Tunes para tratar o descenso do ensino en lingua árabe e a utilización deste idioma nos lugares públicos.

Fonte: Magharebia

O Goberno do cantón suízo de Xura quere favorecer o uso do francés

Defender unha identidade cultural que desempeñou un importante papel na independencia do cantón é o obxectivo do Goberno de Xura, en Suíza. Convértese así en pioneiro na materia e inicia unha consulta sobre un proxecto de lei acerca do uso da lingua francesa.

Fonte: RFJ

O Instituto Cervantes celebra o Día do español con concertos, novas palabras e unha chuvia de palabras mundial

O Instituto Cervantes celebra o Día do Español, tanto na súa sede central de Madrid como nos seus 73 centros repartidos por todo o mundo para conmemorar a 'boa saúde' dunha lingua que conta con 450 millóns de falantes.

Fonte: Europa Press

Propoñen en Arxentina unha lei que lles permita aos indíxenas poñer nomes tradicionais aos seus fillos

Na actualidade, os indíxenas que queren inscribir os seus fillos con nomes tradicionais indíxenas enfróntanse a numerosos problemas, trabas burocráticas, taxas e multas.

Fonte: Ciudad.com

Varias entidades manifestan o seu apoio á proposta de incluír o esperanto na oferta de disciplinas da rede pública brasileira

Entidades de divulgación do esperanto discuten esta proposta, transformada en proxecto de lei, de incluír o esperanto como disciplina optativa para os alumnos do ensino medio en toda a rede pública brasileira.

Fonte: Senado Federal

Crean un navegador en idioma tarahumara

Un grupo de estudantes do Instituto Tecnolóxico de Parral crearon un navegador en idioma tarahumara, cuxo software permitirá impulsar o uso da tecnoloxía da información entre nenos e mozos que cursan os seus estudos nas comunidades indíxenas de Chihuahua (México).

Fonte: El Diario

Rusia dará apoio ás súas minorías lingüísticas

O Ministerio de Desenvolvemento Rexional lanza en rexións rusas os programas da Comisión Europea e do Consello de Europa dirixidos a apoiar as minorías étnicas e as súas linguas, segundo anunciou un responsable deste ministerio.

Fonte: RIA Novosti

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder