Mundo

Unha investigación pioneira demostra as vantaxes da educación en irlandés

Unha investigación recente realizada por Judith Wylie e Gerry Mulhern da Facultade de Psicoloxía da Universidade Queen de Belfast mostra que existen vantaxes significativas subxacentes para os nenos educados en escolas en irlandés.

Fonte: EBLUL

O sueco convértese na lingua oficial principal de Suecia

Agora o sueco está considerado oficialmente a lingua principal de Suecia, segundo unha nova lei de linguas que, xunto con máis de dúas ducias de leis, entrou en vigor o 1 de xullo. A nova lei, a primeira para Suecia, tamén lles dá a outras cinco linguas (finlandés, todos os dialectos sami, o finlandés do Val do Torne (meänkieli), romaní e yiddish) o status de minorías lingüísticas nacionais oficiais e pretende asegurar que as linguas usadas polas institucións públicas estean "protexidas" e sexan "simples e comprensibles".

Fonte: The Local

Piden salvar a educación bilingüe en Australia

Os gobernos australianos sofren "un profundo monolingüismo" que discriminou o ensino nas linguas aborixes, segundo un novo informe que critica o desmantelamento da educación bilingüe no Territorio do Norte do país.

Fonte: The Australian

Investigadores estudan o emprego de catro linguas indíxenas de Chiapas

Aínda que de maneira oficial só se recoñecen 68 agrupacións lingüísticas en México, doce delas en Chiapas, investigadores detectaron o emprego doutros idiomas orixinarios. En concreto, tense rexistro do uso doutros catro, como son o acateco, o chiapaneca, o tapachulteco e o tuzanteco.

Fonte: Expreso Chiapas

A rexión peruana de Loreto promove unha ordenanza para salvar linguas indíxenas

O goberno rexional de Loreto informou que se prepara unha ordenanza rexional para oficializar, preservar e revalorizar as linguas indíxenas desta parte da Amazonía peruana, que serían máis de corenta, doce das cales estarían en perigo de extinción.

Fonte: Andina

Google incorpora a tradución automática das páxinas web

Google mellorou a súa ferramenta de tradución. A partir de agora, se se instala unha barra no navegador, o programa recoñecerá se a páxina web que se visita é do idioma que o navegante ten como preestablecido ou outro distinto. Neste caso, consultaralle se opta porque se lle ofreza unha versión traducida desta. Cun clic obterase a tradución. A aplicación é capaz de traducir 40 idiomas.

Fonte: El País

O esperanto renace no 150 aniversario do nacemento do seu creador grazas á rede

O esperanto, unha lingua artificial creada en 1887 polo ocultista polaco Lázaro Zamenhof, renaceu nos últimos anos grazas á aparición de internet, que serviu como medio difusor deste idioma que celebra o 150 aniversario do nacemento do seu creador.

Fonte: Diario de Navarra

O Lexislativo de Ecuador traduce a Constitución ao idioma indíxena quechua

A Comisión Lexislativa de Ecuador anunciou que a nova Constitución, aprobada o pasado setembro en referendo, foi traducida ao quechua, idioma indíxena que está recollido na Carta Magna, xunto ao shuar, como "oficial de relación intercultural" co español.

Fuente: Qué

Unha investigadora cubana colabora coa etnia tawahka de Honduras na recuperación da súa lingua

Durante a súa estancia en Krausirpi (Honduras), a principal comunidade desa etnia, a investigadora Teresa Reyes traballou no diagnóstico acerca da lingua orixinaria tawahka, con vistas a un proxecto para a súa conservación.

Fonte: Prensa Latina

Un informe asegura que Canadá precisa máis titulados bilingües para cubrir postos de traballo no goberno

As institucións de ensino postsecundario de Canadá deben traballar máis co fin de asegurar que os seus titulados sexan bilingües para axudar a cubrir as vacantes previstas no goberno federal, segundo un informe feito público por unha comisión parlamentaria.

Fonte: CBCNews

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder