Mundo
O Instituto Cervantes realizou máis de 200 actividades de promoción do galego e cursos de aprendizaxe entre 2005 e 2008
O Instituto Cervantes realizou máis de 200 actividades de promoción da lingua galega, ademais de organizar cursos de divulgación e para a súa correcta aprendizaxe no período comprendido entre 2005 e 2008.
Fonte: Europa Press
Amnistía Internacional difundirá en Chile a Declaración Universal dos Dereitos Humanos en linguas indíxenas
Amnistía Internacional presenta en Chile a Declaración Universal de Dereitos Humanos traducida aos idiomas mapudungun, aimará e rapa nui, en distintos arquivos de audio, para promover a súa difusión entre as comunidades indíxenas.
Fonte: Soitu
China lanzará unha nova lista de ideogramas do mandarín simplificados

Por primeira vez en cerca de 20 anos, China lanzará unha lista modificada de ideogramas do mandarín simplificados, coa finalidade de estandarizar aínda máis o idioma usado por billóns de persoas no mundo.
Fonte: CRI
Créase un observatorio demográfico e estatístico do espazo francófono
Este observatorio permitirá a elaboración dun cadro xeral permanente sobre a evolución da situación do francés no mundo. Os datos poranse a disposición da Organización Internacional da Francofonía como complemento das análises e estudos que lles permitan aos xefes de estado e de goberno tomar decisións estratéxicas a fin de desenvolver medidas en favor da promoción do francés.
Fonte: Le Courrier du Vietnam
Nicaragua e Suíza intercambian experiencias en materia de plurilingüismo
A profesora nicaraguana Hazel Wilson viaxou a Suíza para intercambiar experiencias en materia de plurilingüismo e para expoñer o ideario dunha zona que busca saír da pobreza pola vía da educación.
Fonte: Swissinfo
Tres mil adultos acoden a clase de éuscaro fóra do País Vasco
Un total de 2.398 adultos acoden a clases regradas de éuscaro fóra de Euskadi, igual que mil menores de 16 anos que asisten a clases de lingua vasca fóra do País Vasco, segundo datos do Goberno desta comunidade.
Fonte: El País
Segundo un experto, as linguas africanas deben participar na construción da aldea global en curso
"En tanto que instrumento de comunicación, as linguas africanas deben participar obrigatoriamente na construción da aldea global en curso", é o aviso dun dos participantes no Cumio das Institucións Culturais de África e da diáspora africana que se celebrou en Yaoundé.
Fonte: Xinhuanet
Preséntase Spreadthesign, un dicionario en internet para once linguas de signos
Preséntas Spreadthesign, unha web internacional que recolle ata a data máis de 20.000 expresións en linguas de signos de once países, entre eles España.
Fonte: Diario Signo
A EBLUL amplíase e abre un novo comité en Letonia
A EBLUL lanzou un novo comité dun estado membro en Letonia. O día 4 de abril, en Irē (Mazirbe, en letonio), a capital livonia, representantes das linguas rexionais e minoritarias de Letonia (livonio, latgalio, ruso e võro) fundaron a Oficina Letoa para as Linguas Menos Usadas (LatBLUL).
Fonte: Eurolang
O Goberno sirio apoia a academia que ensina a lingua aramea
Recoñecida pola Unesco como unha lingua "definitivamente en perigo de extinción", o arameo conta con só 7000 falantes en Maaloula (Siria) e con arredor de 8000 en dúas vilas próximas. Pero as cousas están mellorando, sobre todo desde que a Universidade de Damasco fundou a súa academia da lingua, coa axuda do Goberno.
Fonte: Irish Times
Boletín
Subscríbase ao boletín