Mundo
En Quebec queren evitar a venda de xogos que non estean traducidos ao francés
Unha iniciativa gobernamental para promover o francés en Quebec prohibe a comercialización de videoxogos que só estean en inglés se hai dispoñible unha versión en francés.
Fonte: Código Cero
Colombia celebra a I Festa das Linguas Nativas
O Ministerio de Cultura de Colombia invita, do 20 ao 26 de abril, a celebrar a extraordinaria diversidade lingüística do país, que conta con 69 linguas.
Fonte: Entrada Libre
Presentan un proxecto para o bo uso da lingua en temas de inmigración
A Fundación Euroárabe presenta no II foro da Alianza de Civilizacións o proxecto "Saber nomear, saber convivir", cuxo obxectivo é utilizar a lingua de forma rigorosa en temas de inmigración para evitar connotacións e estereotipos.
Fonte: ADN
O Parlamento de Bangladesh quere que a ONU recoñeza o bengalí como lingua oficial
O Parlamento de Bangladesh (Jatiya Sangsad) aprobou por unanimidade unha resolución para que as Nacións Unidas recoñezan o bengalí como lingua oficial desta institución. A resolución enviaráselle inmediatamente ao Secretariado das Nacións Unidas para as accións precisas.
Fonte: The Daily Star
A Carta da Lingua Francesa podería non cumprirse en moitas empresas de Quebec
A Carta da Lingua Francesa di que toda empresa con máis de 50 persoas en Quebec debe demostrar que a utilización do francés está xeneralizada en todos os niveis da empresa. Non obstante, moitas prácticas van contra o espírito desta lei.
Fonte: La Presse Affaires
As rúas de Puno, en Perú, están sinalizadas nas linguas quechua e aimará
Nun esforzo por conservar as linguas e a cultura antigas de Perú, as autoridades de Puno decidiron sinalizar as principais rúas da cidade con palabras nas linguas quechua e aimará.
Fonte: Andina
Un grupo de galegos residente en Londres promove o galego fóra de Galicia
Un grupo de galegos asentado en Londres ten reunidas as súas experiencias nun manifesto interactivo para amosar que o galego, e o seu emprego, tamén é útil fóra de Galicia.
Fonte: La Voz de Galicia
O Goberno vasco dará continuidade aos cursos universitarios de lingua e cultura vascas en Chile e Arxentina
O Goberno vasco anunciou que dará continuidade aos lectorados de lingua e cultura vasca existentes en Chile e Arxentina, como paso previo á súa asunción "nun futuro próximo" por parte do Instituto Vasco Etxepare.
Fonte: Europa Press
Aumenta o ensino bilingüe no País Vasco francés
Máis do 30 % dos alumnos de primaria no País Vasco francés reciben un ensino bilingüe vasco-francés, o que significa un aumento do 6% respecto ao ano anterior, segundo un informe da Oficina Pública da Lingua Vasca (OPLB).
Fonte: EcoDiario
A Universidade Lusófona quere estimular o ensino do portugués no Congo
Promover o ensino do portugués como lingua estranxeira é o obxectivo con que o Estado portugués comezou a apoiar a entrada da Universidade Lusófona na República Democrática do Congo.
Fonte: JPN
Boletín
Subscríbase ao boletín