Mundo
Consideran necesaria unha acción concertada entre países lusófonos para a promoción da lingua portuguesa
A directora executiva do Instituto Internacional de Lingua Portuguesa (IILP), Amélia Mingas, defendeu a necesidade dunha acción concertada entre todos os países lusófonos para crear unha verdadeira política de promoción da lingua portuguesa.
Fonte: Lusa
Estudantes protestan contra o uso da lingua inglesa nas clases en Malaisia
O grupo de estudantes que se manifestou está en contra do emprego do inglés nas clases de matemáticas e ciencias nas escolas de Malaisia.
Fonte: Globo
Xa está en camiño a nova lei de linguas nativas de Colombia
Dirixentes das organizacións étnicas colombianas reuníronse en Bogotá con representantes do Goberno nacional para discutir o proxecto de lei en favor da protección e o fomento das linguas nativas.
Fonte: Entrada Libre
Portugal envía 200 profesores a Angola para promover o ensino do portugués
Portugal vai enviar 200 profesores a Angola para promover o ensino do portugués e reforzar o ensino secundario, nun proxecto financiado con 5,4 millóns de euros polo Fondo da Lingua Portuguesa, segundo anunciou o Ministerio de Asuntos Exteriores.
Fonte: Portugal Diário
O Goberno de Perú lanza unha edición da Constitución en idioma quechua
O Goberno peruano lanzará nos próximos días unha edición da Constitución Política de Perú en idioma quechua que será distribuída gratuitamente nas zonas andinas do país onde se fala esta lingua.
Fonte: El Comercio
México crea un portal de internet que ensina a lingua maia
Unha entidade oficial do estado mexicano de Iucatán creou unha plataforma en internet para que calquera persoa poida aprender a lingua maia en só un ano.
Fonte: Lusa
Menos de 200 000 persoas falan bretón
En 1997 había aínda 246 000 falantes de bretón, pero dez anos despois este número diminuíu. Ademais, entre os que empregan esta lingua, o 70 % ten máis de 60 anos, polo que o futuro do idioma pasa pola xente nova.
Fonte: Ouest-France
Gravan en Chile a aria de Carmen por primeira vez en lingua mapuche
A famosa aria "Habanera" da opera Carmen do compositor francés Georges Bizet foi gravada en Chile por primeira vez en mapudungun, a lingua dos indíxenas mapuche, coa idea de revitalizar unha cultura cuxas tradicións se foron perdendo no país.
Fonte: Reuters
O Partido Socialista de Cataluña promove unha resolución na Eurocámara en defensa do modelo lingüístico catalán
A eurodeputada do Partido Socialista de Cataluña, María Badia, presentou unha resolución no Parlamento Europeo en defensa do modelo lingüístico catalán. O texto pretende ser unha alternativa ao 'Informe sobre o Multilingüismo' que aprobou a comisión de cultura en febreiro, e que entraba en contradición co modelo de inmersión lingüística vixente en Cataluña.
Fonte: Europa Press
As linguas indíxenas serán materia oficial na educación primaria de México
A Subsecretaría de Educación Básica ten lista a proposta curricular para crear a materia de lingua indíxena en primaria, co que, por primeira vez, as linguas dos pobos indios terán recoñecemento oficial non só no boletín de cualificacións, senón nos plans e programas de estudo do devandito nivel de ensinanza.
Fonte: La Jornada
Boletín
Subscríbase ao boletín