Mundo
O guaraní poderá ser idioma oficial e de traballo do Mercosur
A Comisión de Educación, Cultura, Ciencia, Tecnoloxía e Deportes do Parlamento do Mercosur aprobou unha recomendación para o Consello do Mercado Común co fin de que o guaraní sexa considerado idioma oficial do Mercosur e se converta en idioma de traballo do bloque rexional, como o español e o portugués.
Fonte: DCI
Italia quere promover o estudo da lingua italiana no Líbano
O embaixador italiano en Beirut, Gabriele Checchia, e o profesor Zouhair Chokr, reitor da Universidade Libanesa, asinaron un convenio marco que ten como obxectivo reforzar a cooperación no campo do ensino da lingua e a cultura italianas no Líbano.
Fonte: Daliy Star
Impoñen unha multa condicional por non ofrecer un servizo en lingua saami en Enontekiö (Finlandia)
O feito de non proporcionar servizos básicos na lingua saami levou á imposición dunha multa condicional polo Tribunal Nacional de Discriminación de Finlandia. A multa de 5000 euros é a primeira deste tipo imposta. No centro da polémica está proporcionar servizos de gardería na lingua saami no concello de Enontekiö, situado ao norte do país.
Fonte: YLE
A Comisión Europea pídelles aos Estados membro que o número de emerxencias 112 sexa máis multilingüe
A Comisión Europea pediulles aos Estados membro que o servizo do número único europeo de emerxencias sexa "máis multilingüe", pois apuntan que un 28 % dos europeos que chama ao 112 no estranxeiro sente dificultades lingüísticas.
Fonte: Diário Digital
Perú conta coa maior diversidade de etnias e de linguas de América
Perú é o país con maior diversidade de etnias, linguas e familias lingüísticas de América, segundo o novo mapa etnolingüístico presentado polo Instituto Nacional de Desenvolvemento de Pobos Andinos, Amazónicos e Afro Peruanos (Indepa).
Fonte: Perú Hoy
O Goberno escocés apoia a lingua escocesa no ensino
Os días 9 e 10 de febreiro de 2009 quedarán no recordo para as persoas comprometidas co escocés no ensino. O día 9, a ministra de Cultura, Linda Fabiani, participou nun seminario en Stirling dirixido a 100 mestres, educadores, escritores, profesores e activistas para abordar as conclusións dun informe pioneiro sobre o escocés.
Fonte: Eurolang
O crecemento da lingua española move a evolución social en Estados Unidos
Estados Unidos é o segundo país do mundo con máis falantes de español, só superado por México, e para medir a influencia do español na corrente contemporánea dominante en América só é preciso botarlles unha ollada ás canles de televisión.
Fonte: The Miami Herald
Créase o primeiro minor de Portugués na Universidade de Otago (Nova Zelandia)
A Universidade de Otago, creada en 1869 e a máis antiga da Nova Zelandia, ofrece no novo ano escolar que se inicia en febreiro, por primeira vez, unha graduación minor en Lingua Portuguesa.
Fonte: Intituto Camões
A Eurocámara apoia a libre elección da lingua na escola
A comisión de Cultura do Parlamento Europeo aprobou un informe sobre multilingüismo que defende "o dereito de que os pais e responsables da educación elixan a lingua oficial na que deben educarse os seus fillos".
Fonte: El País
O ministro de Cultura portugués afirma que o Acordo ortográfico deberá entrar en vigor este semestre
O ministro de Cultura de Portugal, José António Pinto Ribeiro, afirmou que o novo acordo ortográfico deberá entrar en vigor no primeiro semestre deste ano, pero todo depende das negociacións cos outros países da CPLP.
Fonte: Jornal de Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín