Mundo

A cidade de Nashville rexeita a emenda de "só inglés"

Os votantes de Nashville rexeitaron a proposta pola cal a capital da música country se podería converter na maior cidade estadounidense en ter o inglés como lingua oficial na Administración local.

Fonte: Reuters

O futuro do español está garantido en EEUU

Segundo o lingüista español Eduardo Lago, o idioma español non só ten garantida a súa presenza en EEUU no futuro senón que "nalgún momento do século XXI se converterá na lingua referente en Estados Unidos, co maior número de castelanfalantes no mundo, por encima de México".

Fonte: Impre

Portugal aplicará de forma experimental os novos programas de lingua portuguesa no ensino básico no curso 2009/2010

Os novos programas de lingua portuguesa para o ensino básico xa están dispoñibles para consulta pública e deberán comezar a ser aplicados de forma experimental o próximo ano lectivo, segundo afirmou o secretario de Estado de Educación.

Fonte: RTP

O presidente do Parlamento Europeo defende que o catalán non se poida utilizar nos plenarios

O presidente do Parlamento Europeo, o alemán Hans-Gert Pöttering, que pertence ao grupo do Partido Popular Europeo (PPE), defendeu que os eurodeputados de fala catalá non poidan expresarse na súa lingua nas sesións plenarias.

Fonte: Avui

Segundo un estudo, moitos británicos evitan o seu acento rexional para progresar

Boa parte dos traballadores británicos muda o seu acento para impresionar os xefes e mellorar as súas perspectivas profesionais, segundo un novo estudo.

Fonte: BBC

A evolución da linguaxe sería un proceso cultural, non xenético

A evolución da linguaxe humana débese á cultura e non á xenética, sinala un estudo realizado polo University College London (UCL), do Reino Unido. Aínda que haxa unha base xenética relacionada coa linguaxe, e que mesmo puido preceder á aparición deste, os cambios lingüísticos son demasiado repentinos para que puidesen quedar codificados nos nosos xenes.

Fonte: Tendencias21

A Academia Nacional da Lingua Aimará inicia a súa actividade

Este acto enmárcase dentro do traballo que vén desenvolvendo a Corporación Nacional de Desenvolvemento Indíxena, desde o seu Programa de recuperación e revitalización das linguas indíxenas de Chile dependente da Unidade de Cultura e Educación, o cal ten por obxecto chegar á poboación infantil e xuvenil de cada aldea, e axudalos na recuperación da súa lingua ancestral, do seu orgullo cultural e a promoción do valor da diversidade.

Fonte: CONADI

O Comité de Cultura europeo aborda a nova comunicación sobre multilingüismo

O Comité de Cultura reuniuse o pasado martes, 20 de xaneiro, para tratar a comunicación sobre multilingüismo da Comisión co informe do eurodeputado Graça Moura.

Fonte: Eurolang

A lingua española volve ás escolas públicas filipinas

A lingua española volverá impartirse este ano nas escolas públicas de Filipinas, segundo anunciou o secretario de Educación, Jesli Lapus. Dentro do "Programa Especial de Linguas Estranxeiras", que se aplicará ao principio do curso escolar que comeza en xuño, o español impartirase en determinados institutos para "darlles aos estudantes unha competencia lingüística diversa para o mundo laboral global", dixo Lapus.

Fonte: Univisión

O presidente do Parlamento Europeo insta a convencer primeiro a Madrid para que o catalán se recoñeza na UE

O presidente do Parlamento Europeo, Hans-Gert Pöttering, instou a clase política catalá a "convencer" o Goberno central para lograr o recoñecemento do catalán na UE. Na súa intervención nun xantar organizado polo Forum Social da Fundació Pere Tarrés, Pöttering díxolles aos políticos cataláns: "Defendede o voso idioma no voso país e despois xa veremos como evolucionan as cousas. Tedes que empezar en España".

Fonte: Europa Press

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder