Mundo

Unifican os dialectos do pobo tarahumara en Ciudad Juárez

Debido ás variantes no seu dialecto, ao que se agregan as palabras en español, a Escola Bilingüe “Tarahumara” unificou as diversas formas de falar deste pobo para conformar un vocabulario estándar.

Fonte: El Diario

O presidente da Cámara dos Deputados de Italia esíxelles aos imáns que prediquen en italiano nas mesquitas

A vontade de integrar os inmigrantes musulmáns na sociedade europea volve xerar novas propostas. A última é do presidnete da Cámara dos Deputados de Italia, Gianfranco Fini, quen pediu que os imáns utilicen a lingua italiana para os seus sermóns.

Fonte: La Razón

A lingua maia incluirase como materia no programa de estudos de primaria indíxena de Iucatán

Co propósito de preservala s fortalecela, a lingua maia será incluída como materia no programa de estudos de primaria indíxena de Iucatán, a partir do ciclo escolar 2009-2010, anunciou o director de Educación Indíxena do Estado, Wilbert Dzul Canul.

Fonte: Corresponsales Indígenas

Apréciase unha drástica diminución do número de falantes do mazahua e o otomí

En quince anos, o número de falantes das linguas indíxenas de Zitácuaro, o mazahua e o otomí, diminuíu en case un 20%. O futuro non se ve mellor, dado que son só os adultos os que se comunican a través destas dúas linguas, xa que os nenos xa perderon contacto con elas.

Fonte: Cambio de Michoacán

Irán declara ilegais as emisións da canle en lingua persa da BBC

O ministro iraní de Cultura e Orientación Islámica, Mohamad Husein Safar-Harandi, declarou ilegal a actividade en Irán da canle en lingua persa da televisión británica "British Brodcasting Corporation", máis coñecida como BBC.

Fonte: Finanzas

No estado mexicano de Veracruz capacitaranse tradutores de linguas indíxenas

Dado o interese do gobernador Fidel Herrera para axudar aos indíxenas reclusos nos penais de Veracruz e que purgan condenas sen ter cometido ningún delito, a Procuradoría Xeral de Xustiza na entidade e a Academia de Linguas Indíxenas de Veracruz (AVELI) capacitarán na aprendizaxe e comprensión de linguas indíxenas.

Fonte: Diario Noticias

A Fundación del Español Urgente de México crea un sitio web para dúbidas sobre o idioma

A Fundación del Español Urgente México (Fundéu) presentou a súa páxina web (www.fundeumexico.org), a través da cal responderá as consultas dos internautas e porá a disposición destes diversos recursos relacionados co uso do español.

Fonte: El Universal

A asociación Chambra d'Oc promove unha nova iniciativa para o recoñecemento do occitano como patrimonio da humanidade

A asociación Chambra d'Oc, despois da realización e o éxito da manifestación "Occitània a pé" organizada en favor do recoñecemento do occitano como patrimonio mundial inmaterial da humanidade, agora propón o proxecto "Chaminem per òc". Un proxecto co que se pretende facer unha rede, dos Vales occitanos en Piemonte á Occitania grande en Francia ao Val de Arán en Cataluña, de percorridos de sendeirismo para descubrir o territorio, a lingua e a cultura occitana, co obxectivo de difundir a solicitude de inscrición desta lingua na lista da UNESCO como patrimonio inmaterial da humanidade.

Fonte: Minoranze Linguistiche

A Oficina da Lingua Bretoa publica o seu balance anual de ensino de bretón para adultos

O servizo do Observatorio da Oficina da Lingua Bretoa publica o seu balance anual do ensino de bretón para adultos no que se reflicte que 4880 persoas seguiron os cursos durante o ano 2008 o que supón un incremento do 6% respecto a 2007.

Fonte: OLB

Cabo Verde adoptará o acordo ortográfico a partir do verán

Aínda que sen data definitiva fixada, segundo a voceira do Consello de Ministros, Janira Hopffer Almada (ministra de Presidencia e de Asuntos Parlamentarios), o acordo deberá entrar en vigor entre xullo e agosto, co fin de darlles tempo aos manuais para que o próximo ano lectivo introduzan as alteracións.

Fonte: Sol

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder