Mundo

Polonia ratifica a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Polonia ratificou a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o que o converte no 24.º Estado membro do Consello de Europa en apoiar a Carta. Isto significa que máis da metade dos Estados membro do Consello ratificou a Carta.

Fonte: Eurolang

A Mesa pola Normalización Lingüística explica en Bruxelas o modelo educativo das galescolas

Representantes da Mesa pola Normalización Lingüística viaxaron a Bruxelas para expor ante as institucións comunitarias o modelo educativo das galescolas e pedir apoio para defender o galego.

Fonte: La Voz de Galicia

A canle TRT interrompe a emisión de Ahmed Turk en kurdo

Un destacado dirixente dun partido kurdo dirixiuse aos lexisladores no Parlamento de Turquía na lingua kurda, o que asustou a algúns, incluíndo a canle de televisión pública TRT que emite en kurdo. Esta canle interrompeu inmediatamente a súa transmisión en directo do discurso cando Turk se expresou en kurdo.

Fonte: Kurdsat

A rexión de El Bearn manifestarase o 4 de abril para esixir máis recursos para o occitano

A cita é o 4 de abril en Pau, a capital da rexión occitana de El Bearn. O motivo: reclamarlle ao Estado francés máis recursos a favor do occitano, o idioma tradicional da zona.

Fonte: Món Divers

Apróbase un proxecto experimental de ensino de linguas na rexión italiana de Piemonte

Apróbase o proxecto experimental de ensino da lingua italiana, do francoprovenzal e do francés nas escolas de infantil e primaria na rexión italiana de Piemonte.

Fonte: Minoranze Linguistiche

Profesores arxentinos ensinaranlle idiomas ao persoal que atenderá o Mundial de Sudáfrica

Profesores arxentinos viaxarán a Sudáfrica para capacitar en idioma español, italiano, portugués e francés os empregados e profesionais que atenderán os deportistas e turistas no Mundial de fútbol de 2010.

Fonte: As

O estudo sobre multilingüismo do Parlamento Europeo recomenda que a UE volva apoiar a EBLUL

En xaneiro, o profesor Joe Cullen da Rede Menon presentoulle á Comisión de Cultura do Parlamento Europeo os resultados do estudo "Multilingüismo: entre os obxectivos e a posta en práctica de políticas", comisionado polo Parlamento. Unha das recomendacións do informe é que a UE lle volva dar o seu apoio á EBLUL.

Fonte: Eurolang

O comisario das linguas oficiais de Canadá, Graham Fraser, teme polo futuro das minorías lingüísticas

O comisario das linguas oficiais de Canadá, Graham Fraser, teme que neste período de crise económica as minorías lingüísticas sexan prexudicadas.

Fonte: L'Express

Os profesores de portugués critican a falta de decisións "claras e definitivas" para implementar o Acordo Ortográfico

A Asociación de Profesores de Portugués (APP) pide decisións "claras e definitivas" sobre la implementación do Acordo Ortográfico no ensino, e defende a entrada en vigor da nova ortografía simultaneamente co novo programa de Lingua Portuguesa.

Fonte: Público

O 20 de marzo celébrase o Día Internacional da Francofonía

Desde 1990, os francófonos de todos os continentes celebran cada 20 de marzo o Día Internacional da Francofonía, unha xornada dedicada á lingua francesa.

Fonte: Francophonie

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder