Mundo
Asínanse dous convenios para promover o ensino da lingua e a cultura árabes entre a comunidade marroquí do estranxeiro

O ministerio encargado da comunidade marroquí residente no estranxeiro acaba de asinar en Rabat dous convenios de colaboración coa Asociación das Escolas Marroquís en Quebec (Canadá) e o Centro Social e Cultural Marroquí en Saint-Étienne (Francia) que teñen como obxectivo a promoción do ensino da lingua e a cultura árabes entre os nenos.
Fonte: Le Matin
Un deputado pide que o hindi sexa recoñecido como o segundo idioma nacional de Nepal
Un lexislador nepalés e líder do partido Madhesi pediu que o hindi, que desempeñou un papel fundamental na unificación de Nepal, sexa recoñecido como a segunda lingua nacional na Constitución do país.
Fonte: Hindu
A maioría das linguas indíxenas está en perigo de desaparición
Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco), nunhas poucas xeracións poderían desaparecer máis do 50 % das aproximadamente 7.000 linguas que se falan no mundo actualmente, das que máis de 5.000 son linguas indíxenas.
Fonte: Galiciaé
O español xa se ensina máis ca o alemán nas escolas escocesas
O español substituíu o alemán como a segunda lingua estranxeira máis popular nas escolas escocesas. O número de alumnos que estuda español avanzado aumentou case un 3 % ata chegar á cifra de 1364 este ano, mentres que o alemán contou con 1261 alumnos.
Fonte: Sunday Mail
O Goberno australiano traballará para preservar as linguas aborixes
O Goberno de Australia destinará este ano 8 millóns de dólares adicionais para axudar a preservar máis de cen idiomas das tribos aborixes en grave perigo de desaparecer.
Fonte: EFE
Un programa educativo permite o rescate da lingua pech en Honduras
Nenos de 14 comunidades indíxenas pech, do departamento de Olancho (Honduras), están sendo protagonistas do rescate e valorización da súa lingua materna, o pech, grazas á implementación do programa educativo Educación Intercultural Bilingüe no que os escolares aprenden a ler e escribir en español e pech.
Fonte: El Heraldo
Unha rexión do interior do Amazonas en Brasil conserva 19 linguas indíxenas
Ademais do portugués, cerca de 23 etnias indíxenas da rexión da Cabeça do Cachorro falan máis de 19 linguas. Esta rexión sitúase no municipio de São Gabriel da Cachoeira, nordeste do Amazonas.
Fonte: Portal Amazônia
Os farmacéuticos de Macedonia estudarán a lingua de signos
Os farmacéuticos de Macedonia estudarán a lingua de signos utilizada polas persoas xordas. Cada municipio do país contará, polo menos, con dúas farmacias con persoal formado para facilitar a comunicación cos cidadáns que sofren discapacidade auditiva, mentres que en Skopje haberá 10 farmacias con este servizo.
Fonte: Focus Information Agency
Os nenos que falan inglés como primeira lingua son minoría nas escolas primarias de Londres
Os nenos que falan inglés como primeira lingua son agora minoría nas escolas primarias de Londres, segundo cifras oficiais publicadas en Gran Bretaña. Os menores cuxas nais falan outro idioma son maioría nas escolas primarias da capital británica.
Fonte: La Tercera
Lanzan un portal educativo en idioma maia en Guatemala
O portal educativo bilingüe Skoool, cuxo contido está dispoñible en español e en quiché -considerado o "idioma franco dos maias"-, foi lanzado en Guatemala. O portal ofrecerá leccións en liña, así como recursos didácticos dixitais tanto en español como en quiché.
Fonte: La Tercera
Boletín
Subscríbase ao boletín