O Departamento de Educación vasco, que encabeza Tontxu Campos, de EA, decidiu comezar a aplicar este curso o novo sistema de exencións de estudar éuscaro, moito máis restritivo que o que estaba en vigor ata o momento. O problema é que se tomou esta decisión cando o curso xa comezara e arredor de 8000 alumnos xa se matricularan baixo as pautas do sistema anterior, polo que estaban eximidos totalmente cada ano do estudo e da avaliación da lingua vasca.
Fonte: El País
Sección:



