O lingüista portugués Malaca Casteleiro criticou o Ministerio de Educación pola ausencia dun calendario para a entrada en vigor do novo acordo ortográfico no ensino do portugués. "É lamentable que, por parte do Ministerio de Educación, aínda non se dixera nada en relación coa aplicación do novo acordo", considerou Malaca Casteleiro, á marxe da cerimonia de apertura do 7.º Colóquio da Lusofonia.
Fonte: Público
Sección:



