Cada dúas semanas morre unha lingua nalgún lugar do mundo, pero o Centre Internacional Escarré per a les minories ètniques i nacionals (CIEMEN) intenta que esta diminución non vaia a peor e que Nacións Unidas traballe proactivamente polas linguas minorizadas. O mércores pasado, Aureli Argemí, presidente da entidade, interveu no pleno do Consello dos Dereitos Humanos da ONU e trasladoulles aos estados a necesidade de crear unha declaración universal de dereitos lingüísticos.
Fonte: Público
Sección:



