Máis información

Lusofonía

O galego é un valor cultural que nos identifica como pobo e que nos conecta cunha comunidade maior de case 200 millóns de persoas que falan portugués, xa que a intercomprensión entre ambas as linguas é posible sen necesidade de mediación.

O portugués, nado na antiga Gallaecia, é idioma de traballo de vinte organizacións internacionais, incluída a Unión Europea, así como lingua oficial de Portugal, Brasil, Mozambique, Angola, Guinea Bissau, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Timor Leste e Macau.

Por iso, cómpre fomentar o ensino e a aprendizaxe do portugués, co obxectivo, entre outros, de que empresas e institucións aproveiten a nosa vantaxe lingüística, xa que o galego, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outorga importantes beneficios en moitas vertentes, nomeadamente na cultural, pero tamén na económica, e concédenos, xa que logo, unha gran proxección internacional.

Conscientes das devanditas vantaxes, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Ademais, ao longo dos últimos anos, desde a Xunta de Galicia puxéronse en marcha diferentes iniciativas, dirixidas fundamentalmente ás empresas galegas, coa finalidade de que estas coñezan os beneficios que presenta o galego nos países de fala portuguesa e para ofrecerlles as ferramentas necesarias para establecer relacións comerciais con eles.

 

Noticias sobre iniciativas galegas de aproximación á lusofonía

 

Documentos relacionados

Nós no Mundo 2019. A lusofonía en Galicia, entre a Lei Paz Andrade e a Egaex

Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía

Campaña “O galego, chave para os teus negocios no mundo”

Proxecto Exportar en galego

 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder