España
As universidades catalás comezan o curso sen esixir o nivel C de catalán aos seus docentes
O novo curso académico comezou en Cataluña sen que ningún dos centros universitarios cumpra a normativa impulsada pola Generalitat consistente en esixir o nivel C de catalán (acreditación do uso satisfactorio deste idioma de forma oral e escrita) aos docentes estranxeiros e do resto de España.
Fonte: ABC
Un total de 2500 voluntarios de 23 países ensinan e aprenden valenciano
"O obxectivo da campaña Parla'm en valencià é conseguir facer novos valencianofalantes", seguindo o modelo implantado en todas as autonomías bilingües (Galicia, Euskadi, Baleares e Cataluña) e en Andorra, onde "este tipo de programas os impulsaron os propios gobernos", segundo explicou Diego Gómez, presidente de Escola Valenciana, que denunciou que o valenciano é o único goberno que non participa dun voluntariado lingüístico.
Fonte: El País
Unha revista proxecta o catalán ao mundo
Publícase unha vez ao ano, recolle artigos publicados anteriormente en catalán (sobre cultura, ciencia, historia e pensamento contemporáneo), e está escrita en inglés. Chámase Transfer, edítana o Institut Ramon Llull (o consorcio creado pola Generalitat de Catalunya para proxectar ao exterior a lingua e a cultura catalá, ao que se reincorporou recentemente o Goberno balear e do que xa formaba parte Andorra), e a Universitat de València. O terceiro número foi presentado en La Nau, sede histórica da universidade.
Fonte: El País
O presidente de Aragón defende o catalán como lingua propia desa comunidade
O presidente do Goberno aragonés, o socialista Marcelino Iglesias, defendeu o catalán como lingua propia de Aragón. Fíxoo durante a segunda sesión do Debate sobre o estado da comunidade, nas Cortes rexionais, ao defender a letra de Lei autonómica de patrimonio cultural, que manda "garantir a cooficiliadade do aragonés e do catalán, linguas minoritarias de Aragón".
Fonte: ABC
Uns 600 auxiliares nativos axudarán a partir do próximo mércores aos profesores de idiomas nos centros bilingües de Madrid
Un total de 619 auxiliares de conversación nativos axudarán a partir do 1 de outubro aos profesores que imparten linguas estranxeiras nos 180 colexios públicos bilingües da rexión, segundo informou a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre.
Fonte: Europa Press
Máis de 160 empresas reciben axudas para adecuarse á lei do éuscaro
Desde que en xullo o Goberno vasco aprobara o decreto que quere conseguir garantir os dereitos lingüísticos dos grandes comercios e empresas da Comunidade Autónoma Vasca, xa foron 160 as empresas que pediron axudas, aínda que se prevé que cheguen a ser unhas 180.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O ensino do galego consolídase no Bierzo
A irmandade entre Galicia e O Bierzo asentada na súa localización limítrofe sobreviviu ao longo dos anos co denominado 'galego estremeiro' como principal estandarte cultural. Actualmente, uns 40.000 veciños da comarca castelaleonesa empregan o galego na súa vida cotiá e, aínda que a lingua non conta cun recoñecemento xurídico expreso, a sociedade berciana parece cada vez máis interesada en que as novas xeracións conserven a tradición.
Fonte: Galiciae
Preto de cincuenta concellos das comunidades lindeiras con Galicia están na área do galego
Preto de 50 municipios das comunidades de Asturias e Castela e León permanecen na área lingüística galega. Os expertos sitúan nesta área, denominadas con frecuencia a dos lindeiros, uns 75.000 galegofalantes reais e sobre 150.000 persoas que poderían utilizar a lingua galega potencialmente.
Fonte: Galicia Hoxe
4000 persoas maniféstanse en Barcelona contra a inmersión en catalán
A marcha contra a inmersión lingüística na escola convocada por Ciutadans-Partido de la Ciudadanía e o Partido Popular reuniu a cerca de 4000 manifestantes no centro de Barcelona. A protesta non deu enchido a Praza de Sant Jaume, cunha capacidade máxima de 6000 persoas, segundo a Guardia Urbana.
Fonte: El País
A Acadèmia Valenciana de la Llengua realizará un estudo sobre o uso do valenciano nas universidades
A Acadèmia Valenciana de la Llengua (AVL) realizará unha enquisa sobre o uso que se fai do valenciano nas universidades públicas valencianas que se prevé que estea completada a mediados do mes de marzo do próximo ano 2009. O estudo fará unha radiografía do nivel de coñecemento e emprego da lingua valenciana na comunidade educativa universitaria.
Fonte: Panorama actual
Boletín
Subscríbase al boletín