España

A Universitat Jaume I impartirá o 5 % dos créditos das súas carreiras en lingua estranxeira

A Universitat Jaume I (UJI) impartirá en lingua estranxeira o 5 % dos créditos das súas titulacións de grao, apostando por un modelo europeo de educación superior.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

A Generalitat de Catalunya gasta máis na promoción do catalán que o Instituto Cervantes na do castelán

O Goberno tripartito catalán, que preside o socialista José Montilla, gastou en 2007 case 157 millóns de euros en fomentar o uso da lingua catalá. A cifra supón un incremento do 30,8 % sobre o orzamento público destinado a ese fin no ano 2006, que foi de 119,65 millóns de euros.

Fonte: El Mundo

A Deputación de Cáceres implanta un programa informático para corrixir a linguaxe sexista nos seus documentos

A Deputación de Cáceres instalará nos seus ordenadores un programa informático chamado 'Themis' que serve para corrixir a linguaxe sexista nos seus escritos e documentos, de xeito que, ao finalizar o traballo, este software detecta os posibles vocábulos que poidan incorrer nunha discriminación de xénero e propón o seu cambio por outros neutros.

Fonte: Europa Press

A Generalitat Valenciana retiraralles o concerto aos institutos que non dean Cidadanía en inglés

O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, advertiu nas Cortes Valencianas que o executivo que preside Francisco Camps retirará o concerto aos centros privados que incumpran a orde de impartir en inglés a materia de Educación para a cidadanía.

Fonte: La Vanguardia

Os partidos xudiciais cataláns de Puigcerdà e Ripoll emitiron cerca dun 98 % das sentenzas en catalán

Os partidos xudiciais de Puigcerdà e Ripoll emitiron o ano pasado un 97,83 % e un 97,98 %, respectivamente, das sentenzas en catalán, segundo os datos presentados polo Departamento de Xustiza.

Fonte: Avui

A iniciativa Euskara 21 recibe máis de 2.000 achegas

Transcorridos cinco meses desde a súa posta en marcha, segundo o viceconselleiro de Política Lingüística Patxi Baztarrika, esta iniciativa mostra que «o acordo non só é necesario, senón posible». Convocaron un concurso de slogans para fomentar a participación social. A web Euskara 21 recibiu máis de 18.000 visitas.

Fonte: Euskadi.net

As universidades catalás organizan un plan de acollida en catalán para estudantes estranxeiros

A Plataforma per la Llengua, xunto con nove universidades catalás, organizou un plan de acollida para os estudantes de intercambio, baixo o lema Català means feeling, que combina a diversión coa cultura. Esta proposta, que finalizará o 8 de novembro, inclúe un mes cheo de actividades amenas, como a visita guiada por diversas cidades para todos os estudantes que queiran coñecer de preto a realidade social, cultural e lingüística do país.

Fonte: Avui

O Partido Socialista de Euskadi propón unha política para o éuscaro libre de visións "partidistas e sectarias"

O PSE-EE presentou en Donostia a proposta lingüística que porá en práctica no caso de gañar as eleccións e ocupe a lehendakaritza. Contida nun manifesto que se titula "Euskara y libertad", a proposta pretende ser o "punto de encontro" dos partidarios dunha nova política cultural e lingüística libre de "visións partidistas e sectarias, cando non claramente discriminatorias".

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

Presentada a páxina web de Euskarabidea, con información sobre o éuscaro en Navarra

O director xerente de Euskarabidea (Instituto Navarro del Vascuence), Xabier Azanza, e o director do Servizo de Asesoramento e Investigación do Éuscaro desta institución, Rubén Fuertes, presentaron a súa páxina web www.euskarabidea.es, unha nova ferramenta que axudará á institución a desenvolver os seus propios obxectivos de fomento da lingua, investigación lingüística e sociolingüística, formación e asesoramento.

Fonte: Diario Vasco

O Goberno balear presenta as orientacións sobre o tratamento da lingua catalá nos centros educativos

A presenza da lingua catalá, tanto nos niveis de uso como de aprendizaxe, aparece dunha maneira explícita na ordenación xeral da educación infantil e primaria nas Illas Baleares coa vontade de consolidar os logros obtidos ata o de agora e progresar no coñecemento e uso da lingua catalá, propia das Illas Baleares, por parte do alumnado.

Fonte: Govern de les Illes Balears

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder