España

Ikasten.net, novo recurso didáctico para a aprendizaxe de éuscaro do portal www.hiru.com

Ikasten.net é un novo recurso didáctico para a aprendizaxe de éuscaro que se engloba como unha iniciativa máis das dispoñibles no portal www.hiru.com, dependente da Dirección de Aprendizaxe Permanente do Departamento de Educación, Universidades e Investigación do Goberno Vasco.

Fonte: Euskadi.net

Un DVD promoverá a marca Salamanca, Ciudad del Español

As administracións continúan investindo en recursos e ferramentas que permitan dar a coñecer a marca Salamanca, Ciudad del Español. O último deles foi un audiovisual no que se mostra a oferta da capital no que ao estudo do castelán se refire e ao que axiña se sumará unha canle de televisión por internet.

Fonte: Tribuna

Reitores de universidades de Madrid e Barcelona defenden unha universidade sen barreiras lingüísticas

Catro reitores de Madrid e Barcelona conxuráronse para deixar atrás os seus desencontros e levantar todas as barreiras que obstaculizan a colaboración interuniversitaria, entre elas a lingüística.

Fonte: ABC

A ordenanza do asturiano do Concello de Xixón demora a súa aprobación pola alegación dun nacionalista

A ordenanza e o plan de usos do asturiano no municipio de Xixón atrasará a súa aprobación definitiva ata o Pleno do mes que vén para atender a única alegación presentada durante o período de información pública.

Fonte: La Nueva España

A Academia de la Llingua Asturiana edita un libro de terminoloxía de internet en asturiano

A Academia de la Llingua Asturiana presenta un libro sobre terminoloxía de internet en asturiano. O manual, titulado Terminoloxía d'Internet y d'interfaces pa programes informáticos en Llingua Asturiana, está editado pola Academia e é o número 5 da colección Cartafueyos Normativos. Este traballo constitúe unha primeira entrega das adaptacións terminolóxicas que reclamaban os usuarios de asturiano para normalizar a lingua nese terreo.

Fonte: El Comercio Digital

Os modelos educativos que combinan máis dunha lingua son os que máis medran en Navarra

O ensino non universitario en Navarra está cerca de alcanzar a cifra redonda dos 100.000 alumnos. Este curso o número de escolares ascendeu a 99.169, o que supón un 2,8 % máis que o pasado curso, e a distribución por modelos lingüísticos segue a tendencia dos últimos anos: aumentan os que ofrecen máis dunha lingua (o modelo D, cun 1,7 % e o Tratamento integrado de linguas/British, cun 1,4%), mentres que cae o modelo G (castelán), aínda que segue sendo o maioritario (abrangue case o 52 % do total do alumnado).

Fonte: Noticias de Navarra

O director de Linguamón presenta o proxecto da Casa das Linguas na revista da Unesco MUSEUM International

A revista sobre museos de ámbito mundial editada pola Unesco, MUSEUM International, acaba de publicar un extenso artigo do director de Linguamón, Antoni Mir, acerca do proxecto da Casa das Linguas. Ademais de facer unha reflexión sobre a diversidade lingüística actual do planeta, o artigo repasa detidamente o nacemento e a evolución de Linguamón, un proxecto que pretende ser pioneiro na sensibilización, promoción e desenvolvemento das linguas do mundo.

Fonte: Linguamón

CiU propón xeneralizar o catalán a todas as tarefas e relacións do Concello de Barcelona

A proposición de CiU de Regulamento para o uso do catalán no Concello de Barcelona prevé que esta lingua sexa a de uso xeral en "todas as súas tarefas e relacións", e que todos os cargos municipais se expresen "normalmente" neste idioma nos actos deste ámbito lingüístico, segundo o texto.

Fonte: El Mundo

Un estudo detecta que a lectura en inglés medra en España

Os hábitos de lectura entre os máis novos e os profesionais que se autodefinen como "non lectores" non desaparecen, senón que se transforman: nestes sectores está medrando, aínda máis do que detectaran estudos anteriores, a compra de libros prácticos e técnicos e a lectura de textos (que non libros) en pantalla e en lingua inglesa.

Fonte: El Periódico de Catalunya

O Servizo de Emprego e Formación de Murcia implanta un servizo de tradución en 42 idiomas para atender os estranxeiros

O Servizo Rexional de Emprego e Formación (SEF) de Murcia puxo en marcha un servizo de interpretación simultánea por teléfono que permite atender en 42 idiomas os demandantes de emprego estranxeiros que soliciten calquera dos servizos que prestan as oficinas de emprego da Rexión.

Fonte: Europa Press

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder