España
A UNED incluirá o tamazight como ensino nos seus centros de Madrid, Barcelona e Melilla
O acabado de crear Instituto de las Culturas propúxose impulsar a impartición e o coñecemento da lingua e cultura tamazight. Por iso, o seu responsable, o conselleiro de presidencia Abdelmalik El Barkani, mantivo contactos coa Universidad Nacional de Educación a Distancia, logrando o que cualificou de "magnífica noticia".
Fonte: Diario Sur
Torrelavega é o único lugar de Cantabria no que se imparten clases de cántabru ou montañés
Torrelavega é o único lugar de Cantabria onde se pode aprender 'cántabru' ou 'montañés'. Acurrie Pola Lingua Cántabra (Academia Popular da Lingua Cántabra) organiza todos os anos un curso para que non se perda o que eles consideran idioma que se utilizaba nesta rexión desde hai moitos séculos e cuxos restos «aínda perduran» en vales do interior, especialmente na Vega de Pas.
Fonte: El Diario Montañés
Premio ao fomento do éuscaro para a Caja Laboral e a emisora Euskalerria Irratia
Caja Laboral e a emisora Euskalerria Irratia destacaron polo seu compromiso co éuscaro, pola súa contribución a normalizar o seu emprego na rúa, no trato coas empresas e no espectro radiofónico.
Fonte: Diario de Navarra
Euskaltzaindia asesorará en materia de éuscaro o Concello de Bilbao
A Academia da Lingua Vasca e o Concello de Bilbao asinaron un convenio de colaboración co que pretenden impulsar o uso social e mellorar a calidade do éuscaro que se fala na vila. Segundo o acordo que selaron o alcalde e o presidente de Euskaltzaindia, Andrés Urrutia, a capital biscaíña apoiará economicamente a Euskaltzaindia a cambio de asesoramento lingüístico nos diferentes servizos municipais, especialmente en todo o referente á nomenclatura viaria e toponimia urbana.
Fonte: El Correo Digital
O Sindicato Médico de Baleares oponse ao decreto do catalán
O Sindicato Médico de Baleares fixo pública a súa oposición ao proxecto de decreto do catalán e presentou ante a Xunta de Persoal do Ib-Salut un documento para que sexa debatido por todos os sindicatos presentes e se poida alcanzar unha postura conxunta.
Fonte: Mallorca Diario
O galego é o terceiro idioma no País Vasco, afirma o profesor Xosé Estévez
O galego é o terceiro idioma máis falado no País Vasco, despois do castelán e do vasco, segundo manifestou Xosé Estévez, profesor da Universidade de Deusto, nun acto organizado na cidade pola Fundación Galiza Sempre.
Fonte: La Voz de Galicia
Anúnciase a creación da "Casa de les Llingües" en Asturias, cun servizo de traducións
A inauguración dun congreso da Universidade de Oviedo foi o lugar escollido polo reitor Vicente Gotor para anunciar os avances no servizo de traducións ao asturiano que xa anunciara antes do verán.
Fonte: Asturnews
9.600 alumnos de Baleares recibirán este curso unha materia non lingüística en inglés
Uns 9.600 alumnos pertencentes a 101 centros de primaria e secundaria de Baleares cursarán ao longo deste ano académico unha materia non lingüística en inglés, dentro do Plan de terceira lingua impulsado polo Goberno balear, que supón o avance da introdución deste idioma en educación infantil e a súa implantación progresiva nunha das materias recibidas.
Fonte: Europa Press
Un concello de Alacante promove o valenciano cun despregable sobre o léxico da escola
A concelleira de Educación do Concello de Finestrat, María Llorca, e a técnica da Oficina municipal de Promoción do Valenciano, Àngels Llorens, acudiron ao colexio público Puig Campana para facerlles chegar aos escolares dúas campañas destinadas a promover o uso do valenciano.
Fonte: Prensa y Noticias
A Comunidade de Madrid ofrece cursos de lingua de signos aos seus funcionarios
A Comunidade de Madrid puxo en marcha a cuarta edición do curso de iniciación á lingua de signos para funcionarios. O obxectivo é formar os traballadores co fin de proporcionar a mellor atención posible ás persoas con discapacidade auditiva que acoden á Administración rexional.
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase al boletín