A vixésimo sétima edición dos cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia contará este ano coa participación de 65 estudantes de 22 nacionalidades diferentes. A benvida aos novos participantes tivo lugar no Salón de Actos de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, nun acto presidido polo reitor Juan Viaño e no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o director do Instituto da Lingua Galega da USC, Ernesto González, e o director dos cursos, Xosé Luís Regueira, quen lles dixo aos estudantes que a partir de agora “formarán parte do corpo diplomático da lingua galega”.
Sección:



