Vietnam celebrará diversas accións para promover o idioma nacional con motivo do 80 aniversario da súa independencia. Entre elas destaca un curso formativo para docentes vietnamitas no exterior, con participación de profesorado de 15 países, centrado no ensino da lingua, cultura e historia do país. Tamén se entregarán os premios do concurso de embaixadoras e embaixadores do idioma vietnamita, que recoñece o labor de difusión lingüística no estranxeiro.
Fonte: Vietnam +
Sección:



