Novas

O Ciemen lanza unha campaña para animar as persoas que falan catalán a non cambiaren de lingua
26 de decembro de 2024

O Ciemen lanza unha campaña para animar as persoas que falan catalán a non cambiaren de lingua

O Ciemen lanzou a campaña “En català sempre! No canviïs la llengua” para fomentar que as persoas catalanfalantes manteñan o uso do catalán nas conversas, mesmo cando o interlocutor empregue outra lingua. A campaña, que inclúe cinco vídeos divulgativos dispoñibles en redes, busca visibilizar os dereitos lingüísticos e combater o hábito de cambiar de idioma, que contribúe á minorización do catalán.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder