A Comisión sobre o Catalán no Contorno Dixital concluíu cun informe que propón un plan local de lingua en Barcelona para fomentar o uso do catalán, especialmente entre a mocidade, para o que se recomenda integrar a lingua nas políticas xuvenís, culturais e comunitarias. As propostas inclúen impulsar referentes xuvenís en internet, implicar a mocidade na creación de contidos institucionais e lanzar campañas que vinculen o catalán coa identidade barcelonesa.
Fonte: Ajuntament de Barcelona
Comunidade:
Sección:



