A Concellaría de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística de Carballo busca revitalizar o proxecto "Carballo na memoria", iniciado en 2014 como un catálogo fotográfico. O obxectivo é amplialo para que se converta nun proxecto máis ambicioso de recuperación audiovisual, literaria, etnográfica e social. Así, en setembro, comezarán as Xornadas de microtoponimia, centradas na recuperación dos topónimos urbanos para coñecer mellor a historia local.
Fonte: Concello de Carballo
Sección:



