A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsa o plan de formación en lingua galega da Xunta de Galicia. Trátase dunha acción formativa que se leva a cabo en colaboración con outras institucións (escolas oficiais de idiomas, Egap, Rede de Centros de Estudos Galegos, Rede de Dinamización Lingüística, universidades galegas etc.) que aposta polos cursos de teleformación e incorpora por primeira vez o preparatorio das probas de acreditación do Celga no seu nivel 3.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección: