O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou por darlles un maior impulso ás relacións sociais, culturais e económicas cos países lusófonos e defendeu que Galicia cumpre todas as condicións para exercer un papel relevante como “ponte” entre o mundo lusófono e os países hispanos. Así o manifestou durante a presentación e constitución do Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, un órgano que estará integrado polas entidades galegas relevantes na relación con estes países -tanto a nivel lingüístico como noutros eidos- e que terá como obxectivo asesorar a Xunta, formular plans de acción e deseñar actividades de coñecemento ou de intercambio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:
Ámbito:



