Un estudo do Instituto de Estudos Cataláns revela que só o 11,3 % das interaccións entre mozos e mozas de dez clubs deportivos de Barcelona se producen exclusivamente en catalán. A investigación identifica as persoas adestradoras e monitoras como referentes lingüísticos capaces de favorecer un maior uso da lingua cando a empregan de forma habitual. O proxecto desenvolverá medidas de formación, acompañamento e seguimento para impulsar o catalán como lingua de relación espontánea nos ámbitos deportivos e de lecer.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



