Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de febreiro de 2019

    Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, Iniciativa pol Asturianu organiza o concurso #lamiollinguaye co que pretende darlle maior presenza ao asturiano nas redes sociais.

    Fonte: Asturnews

    18 de febreiro de 2019

    A Asociación de Entidades Locais pola Lingua, formada inicialmente por 15 concellos, nace co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do galego. As entidades que integran este proxecto xa viñan colaborando xuntos en iniciativas como Apego, o certame Youtubeir@s ou o Clube de Debate.

    Fonte: Galicia Confidencial

    18 de febreiro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou no Centro Galego de Arte Contemporánea a Rosalía Morlán Vieites (Trazo, A Coruña, 1959), gañadora do XXXIII Concurso Internacional de Poesía Hernán Esquío, na presentación da nova obra infantil O dragón Antón e o sapo Rosendo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de febreiro de 2019

    “A Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza estreita por quinto ano consecutivo os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades que ofrece exposicións, música, cinema, poesía, tertulias e teatro nas localidades de Braga (Portugal), Padrón e Santiago de Compostela, promovido pola formación Canto D'Aqui e polo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta de Galicia, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, da Casa de Rosalía (Fundación

    18 de febreiro de 2019

    Os Gobernos valenciano e andorrano asinaron un acordo bilateral para a promoción do uso da lingua catalá que, entre outros aspectos, recolle o recoñecemento dos respectivos diplomas e certificados lingüísticos do catalán ou o fomento da cooperación e a coordinación con outras institucións para difundir e promover esta lingua.

    Fonte: ABC

    15 de febreiro de 2019

    O ministro de Xustiza de Timor Leste, Manuel Cáceres da Costa, defendeu en Dili a importancia da formación en lingua portuguesa dos axentes xurídicos co fin de acadar unha xustiza máis xusta.

    Fonte: Jornal de Notícias 

    15 de febreiro de 2019

    A Universidade Estatal de California en Fresno ofrecerá a partir do próximo ano lectivo dúas novas disciplinas de lingua e cultura portuguesas. Unha delas versará sobre lingua e literatura e a segunda sobre cultura lusófona. Os cursos serán impartidos no Departamento de Linguas e Literaturas Modernas e Clásicas da Facultade de Artes e Humanidades da devandita universidade.

    Fonte: Observador

    15 de febreiro de 2019

    Representantes da Asociación de Persoas Xordas de Nafarroa (ASORNA) solicitáronlle ao Parlamento navarro o recoñecemento da lingua de signos como oficial e o mesmo status que o resto das linguas.

    Fonte: Naiz

    15 de febreiro de 2019

    Segundo un estudo da Oficina da Lingua Aragonesa, soamente un 2,9% dos zaragozanos fala algunha das linguas propias de Aragón, isto é, catalán ou aragonés, mentres que as entenden un 5,5%. O seu uso adoita reducirse ao ámbito privado e a maioría dos seus falantes sitúase entre os 26 e os 45 anos.  

    Fonte: El Periódico de Aragón

    15 de febreiro de 2019

    En total catro linguas de Suráfrica, o nǀu, o xiri, o gail e o afrikaans están en risco de desaparición ou en situación de perda seria de falantes.

    Fonte: The South African

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder