Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de febreiro de 2019

    O pasado luns 18 de febreiro o Instituto Cervantes de Madrid celebrou a mesa redonda 'Poesía ibérica, poesía de la hispanidad', un acto no que se realizou unha lectura de poemas escritos en galego, catalán, éuscaro, asturiano e castelán.

    Fonte: La Vanguardia

    21 de febreiro de 2019

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva das ordenanzas que regulan o uso da lingua galega nos concellos de Vilaboa, Catoira e

    21 de febreiro de 2019

    O Concello de Donostia destinará axudas por valor de 22 500 euros aos establecementos comerciais e aos locais de hostalería para a inclusión do éuscaro nos seus carteis interiores.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    20 de febreiro de 2019

    O director do Instituto Cervantes, Luis García Moreno, nomeou un total de 21 novos directores e directoras de centros da institución no exterior.

    Fonte: El Diario
     

    20 de febreiro de 2019

    Os catedráticos Fabio Yu-Chung Lee da Universidade Nacional Tsing-Hua de Taiwán e José Luis Caño Ortigosa da Universidade de Sevilla descubriron no arquivo da Universidade de Santo Tomás de Manila (Filipinas) o dicionario chinés-español máis antigo e completo do que se ten coñecemento.

    Fonte: University of Santo Tomás

    20 de febreiro de 2019

    O senador de Compromís Carles Mulet reclámalle ao Goberno máis recursos para promover a lingua leonesa e unha maior implicación no seu desenvolvemento e difusión, como así se recolle na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, ratificada polo Estado español.

    Fonte: Ileón

    20 de febreiro de 2019

    O último número da publicación O Cartafol dixital recolle os datos sobre usos lingüísticos na actividade docente da Universidade de Santiago durante o curso 2018-2019. Entre a información proporcionada destaca o feito de que se imparten en castelán o 73,69 % das horas docentes; en galego, o 22,57 %; e noutras linguas (inglés, portugués…), o 2,74 %.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de febreiro de 2019

    O Plan de (tele)formación en lingua galega da Xunta de Galicia continúa a súa aposta pola formación en liña para chegar a calquera lugar e adaptarse aos diferentes horarios da poboación adulta, facilitando deste xeito o seu acceso ao coñecemento do galego. En concreto, a teleformación inclúe este ano por primeira vez cursos do nivel Celga 3 que se suman aos dos niveis Celga 1 e Celga 4 xa existentes.

    20 de febreiro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o IES de Mos e o Club de Lectura “Amibros” lle renderon no Auditorio Municipal de Vigo, tanto a Rosalía de Castro, cuxo nacemento se celebrará o vindeiro 24 de febreiro, como á que foi, ata o seu recente pasamento, a maior estudosa da súa vida e obra: Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.

    20 de febreiro de 2019

    O Concello de Bilbao e Euskaltzaleen Topagunea organizan a XIV edición de Harrapazank, un programa que promove a cultura, a creatividade e o éuscaro entre a mocidade de 12 a 18 anos a través de obradoiros con diferentes actividades.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder