Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de febreiro de 2019

    O kenyano Roy Allela creou unhas luvas capaces de converter lingua de signos en sons. O invento foi xa nomeado para o Premio Africano de Innovación en Enxeñaría.

    Fonte: Shifter

    19 de febreiro de 2019

    O responsable do Ministerio de Asuntos Exteriores do Brasil, Bruno Zétola, declarou que o seu goberno desexa sistematizar os programas de ensino do portugués para persoas estranxeiras ou nacionais que non falen o portugués como primeira lingua.

    Fonte: Observador

    19 de febreiro de 2019

    O Palau da Generalitat acolleu a reunión do pleno do Consello Social da Lingua Catalá na que se abordaron temas como a importancia do acceso a contidos audiovisuais en catalán na infancia así como prioridades de actuación, como o ensino desta lingua entre a poboación adulta inmigrante.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    19 de febreiro de 2019

    A rúa do Príncipe de Vigo é un exemplo para constatar a escasa presenza do galego no comercio. Proba disto é que só a tenda do Celta conta con anuncios de rebaixas exclusivamente en galego, mentres que son seis os establecementos que anuncian os descontos en galego e castelán e o resto unicamente neste último idioma. Porén, o inglés está presente na maioría deles.

    Fonte: La Voz de Galicia

    19 de febreiro de 2019

    O Concello de Torrent convoca un ano máis os Premios ao uso do valenciano nas fallas co obxectivo de impulsar a presenza desta lingua no ámbito festivo. Estes galardóns contan con dúas categorías: para as lendas dos monumentos falleros e para o llibret.

    Fonte: Levante-EMV

    19 de febreiro de 2019

    O prazo de solicitude de axudas para a realización de teses en galego, que están dotadas con ata 400 euros en subvención directa para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo, remata o 31 de outubro.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    18 de febreiro de 2019

    O Goberno de Marrocos propuxo a reintrodución do francés como lingua de instrución na educación secundaria co fin de reforzar o nivel do alumnado de cara á universidade.

    Fonte: REUTERS

    18 de febreiro de 2019

    O 21 de febreiro, a Unesco celebra o Día Internacional da Lingua Materna co fin de promover o uso e o ensino das lingua maternas en todo o mundo. Este ano tentarase concienciar as persoas sobre o valor que as linguas maternas teñen para o desenvolvemento, a construción da paz e a reconciliación dos pobos.

    Fonte: UNESCO

    18 de febreiro de 2019

    Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, Iniciativa pol Asturianu organiza o concurso #lamiollinguaye co que pretende darlle maior presenza ao asturiano nas redes sociais.

    Fonte: Asturnews

    18 de febreiro de 2019

    A Asociación de Entidades Locais pola Lingua, formada inicialmente por 15 concellos, nace co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do galego. As entidades que integran este proxecto xa viñan colaborando xuntos en iniciativas como Apego, o certame Youtubeir@s ou o Clube de Debate.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder