El 12 de xullo terá lugar a primeira edición do Festival Riu de Veus no Castell de Miravet, un evento musical que celebra a diversidade lingüística do catalán. A primeira edición contará coa participación de Roger Mas, Sanjosex e Lia Sampai, que actuarán acompañados dunha formación musical composta por músicos locais.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O artigo «Surname Distribution in Galicia: Population Structure, Dialects, and History» analizou a frecuencia e a distribución de 6150 apelidos en Galicia que revelou unha gran homoxeneidade na súa distribución. Este fenómeno, vinculado á escasa inmigración e á tradición rural, demostra a estabilidade demográfica do territorio. A investigación identificou cinco rexións onomásticas que coinciden coa organización territorial histórica, como as dioceses católicas.
A Universidade de Lisboa presentou Evaristo.ai, o primeiro chatbot multilinguaxe, multimodal e multiheterónimo en portugués, baseado en IA aberta. Permite escoller o modelo e a personalidade. Ademais, garante a privacidade dos usuarios e non comercializa os seus datos.
Fonte: Business.it
O Parlamento de Escocia aprobou por unanimidade unha lei que fai oficiais o gaélico e a lingua esocesa ou scots, permitindo que as familias soliciten a escolarización nestas linguas. A norma busca frear o estado crítico do gaélico e prevé crear áreas de significación lingüística para protexer e expandir o seu uso.
Fonte: Diari de la Llengua
Un 73 % dos videoxogos desenvolvidos en Cataluña son en catalán, segundo datos do novo Llibre Blanc de la Indústria Catalana del Videojoc. A cifra representa un aumento respecto ao 64 % do ano pasado, o que reflicte a mellora na presenza desta lingua no sector.
O Goberno vasco aprobou unha partida de 2 975 500 euros para subvencionar o proceso de aprendizaxe do éuscaro nos euskaltegis da Comunidade Autónoma Vasca. As axudas estarán dirixidas ao alumnado que obteña ou acredite o nivel de competencia comunicativa en calquera dos niveis establecidos (A1, A2, B1, B2, C1, C2).
O IES Sanxenxo iniciou este curso o «Proxecto GIF Menú: Que vai ser?», co obxectivo de promover o uso do galego no sector turístico local. A iniciativa consistiu na tradución de menús de cinco restaurantes ao galego, inglés e francés e a creación de códigos QR para facilitar o acceso a eles. O proxecto integrou diversas materias da ESO, como Tecnoloxía, Matemáticas ou Xeografía, e incluíu un concurso de fotografía sobre gastronomía.
Efa Gruffudd Jones, comisaria da Lingua Galesa, propón nun manifesto cinco medidas clave para reforzar o uso do galés de cara ás eleccións de 2026. Entre elas destácanse a ampliación dos dereitos lingüísticos, a mellora da atención sanitaria en galés e a formación obrigatoria do profesorado nesta lingua.
Fonte: The Pembrokeshire Herald
O Centro de Linguas BabeliUM da Universidade do Miño organiza o programa “Verán das Linguas”, con cursos de alemán, español, francés, inglés, italiano e portugués para persoas estranxeiras. As inscricións están abertas ata o 23 de xuño, tanto en liña como presencial no campus de Gualtar, en Braga.
Fonte: O Amarense
Profesionais daneses sinalan nun informe que a falta de fluidez en danés é o principal obstáculo para a contratación de traballadores internacionais nas empresas danesas, mesmo en sectores onde inglés é lingua habitual.
Fonte: The Copenhagen Post
Boletín
Subscríbase ao boletín

