A Casa de Representantes de Michigan (EUA) aprobou unha lei para declarar o inglés lingua oficial de todo o estado.
Fonte: The Washington Times
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Casa de Representantes de Michigan (EUA) aprobou unha lei para declarar o inglés lingua oficial de todo o estado.
Fonte: The Washington Times
A proposta parlamentaria do Partido Comunista de Portugal de desvincularse do Acordo Ortográfico foi rexeitada pola Asemblea da República con votos en contra de case todas as forzas políticas.
Fonte: Público
O novo volume Galegos no Minho. 20 anos do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho conmemora as dúas décadas en activo deste centro dependente da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia e presentouse en Santiago no marco da 4ª Semana Cultural Convergências Portugal Galiza, que organiza o propio centro universitario bracarense.
Máis de 1100 alumnos de centros educativos de Castela e León reciben ensino de galego no Bierzo e Sanabria grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e o Goberno castelán-leonés.
Fonte: Crónicas de la Emigración
Un artigo publicado na revista científica Psychological Science revela que o intercambio de conversas coas nenas e nenos potencia as súas habilidades de expresión lingüística.
Fonte: Scientific America
O colexio infantil El Nial de Pola de Lena puxo en marcha un programa para que os nenos e nenas aprendan a variante lenense do asturiano a través de xogos e actividades. Tamén se prevé que no próximo curso as matrículas e outros documentos administrativos se elaboren tanto en castelán como en asturiano.
Fonte: La Nueva España
O Museo do Mar de Galicia “convertido en espazo emblemático pola presenza do Pergamiño Vindel”, segundo explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acolleu a celebración institucional do Día Internacional da Lingua Materna, promovida desde a UNESCO e secundada por sexto ano desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente Rosalía-Abanca alcanza por primeira vez a cifra de 1000 lectores galegos e europeos participantes e logra involucrar a totalidade dos institutos de ensino secundario da capital de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O 33,1% da mocidade vasca de entre 16 e 24 anos recoñece o éuscaro como a súa lingua materna, unha porcentaxe que se incrementou considerablemente nos últimos anos. De feito, este grupo de idade é o que suma un maior número de persoas que tiveron o éuscaro como lingua materna.
Fonte: Deia
O Goberno de Aragón busca a colaboración das entidades locais a través de protocolos cos que pór en marcha actuacións que conduzan á normalización da lingua aragonesa. A organización de seminarios ou a concesión de axudas para a investigación son algunhas das accións propostas.
Fonte: Heraldo
Subscríbase ao boletín