Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de novembro de 2017

    Institucións do Goberno do País Vasco e Navarra e colectivos que exercen labores en favor do éuscaro, presentaron a iniciativa Euskaraldia, que pretende "activar" o uso da lingua vasca entre a cidadanía vascófona durante once días do ano 2018. En concreto, desenvolverase entre os días 23 de novembro e 3 de decembro do 2018.

    Fonte: Noticias de Navarra

    27 de novembro de 2017

    O único semanario en lingua galega que existe na actualidade, Sermos Galiza, está a preparar a súa saída como xornal diario en papel para o ano 2019.

    Fonte: Sermos Galiza

    27 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Santiago na descuberta dunha placa en homenaxe aos doutores Ramón e Antonio Baltar Domínguez.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de novembro de 2017

    Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, acudiu ao Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense para acompañar a Ricardo Cid Paz na presentación da obra De que falarán as árbores.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da XIII Xornada de Normalización Lingüística que organiza Escolas Católicas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de novembro de 2017

    A novela de J. K. Rowling Harry Potter e a pedra filosofal acaba de ser traducida á súa octoxésima lingua: o scots.

    Fonte: National Public Radio

    24 de novembro de 2017

    O alemán de Pensilvania medra ano tras ano nas comunidades máis tradicionais do estado de Pensilvania, como na comunidade Amish, malia perder peso en zonas urbanas e noutros estados dos EUA.

    Fonte: Philly

    24 de novembro de 2017

    O Goberno rexional de Thurgau, en Suíza, aprobou unha lei que incrementará o nivel de lingua alemá como requisito para poder obter a nacionalidade suíza. A partir de agora os estranxeiros que queiran optar á nacionalidade no cantón deberán demostrar un nivel B2, superior ao que se esixe no resto do país helvético.

    Fonte: The Local

    24 de novembro de 2017

    O Concello de Pamplona uniuse a BEITU!, unha plataforma de redes sociais en éuscaro para a mocidade de entre 14 e 18 anos. Grazas a BEITU!, os mozos e mozas poderán recibir e compartir contidos en lingua vasca vinculados ao lecer.

    Fonte: Noticias de Navarra

    24 de novembro de 2017

    A Universidade do País Vasco aprobou as bases do Plan estratéxico 2018-2021 con 51 votos a favor, 4 en contra, 32 abstencións e un voto nulo. Entre os obxectivos principais deste plan atópase o de fomentar o uso da lingua vasca.

    Fonte: El Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder