Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de marzo de 2018

    Estes galardóns recoñecen o labor de fomento da lingua galega dos premiados que nesta edición de 2018 foron o programa Apego, os profesores de lingua e literatura galegas Vitoria Ogando e Anxo González Guerra, e a Galipedia.

    Fonte: Concello de Pontevedra

    05 de marzo de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a poeta fisterrá Branca Vilela na presentación da obra Costa da Morte: territorio literario.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de marzo de 2018

    O Goberno de Suráfrica converteu a lingua de signos surafricana en idioma oficial e curricular do ensino. A partir de agora, o alumnado con problemas auditivos ten dereito a recibir contidos e ser avaliados nesta lingua.

    Fonte: The Citizen

    02 de marzo de 2018

    O Goberno do Reino Unido omitiu nun informe para o Consello de Europa datos sobre a promoción e uso de dúas linguas faladas baixo a súa xurisdición: o gaélico irlandés e o scots de Irlanda do Norte.

    Fonte: BBC

    02 de marzo de 2018

    Segundo os datos ofrecidos polo Instituto Nacional de Estatística, a edición de libros descendeu en Euskadi case un 10 % en 2016 respecto ao ano anterior. Publicáronse 1569 títulos, dos cales o 28 % estaba en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Álava

    02 de marzo de 2018

    Catro de cada cinco centros educativos públicos de Baleares imparten a maioría das materias soamente en lingua catalá. Esta proporción é menor no que respecta aos centros privados e concertados, xa que aproximadamente un de cada tres imparte as clases só en catalán.

    Fonte: ABC

    02 de marzo de 2018

    Unha licenciada en Ciencias da Educación de Minnesota (EUA) quere abrir unha escola infantil de inmersión para salvar da extinción a lingua dakota, falada actualmente por só cinco persoas.

    Fonte: The Christian Science Monitor

    02 de marzo de 2018

    O Tribunal Supremo Administrativo de Portugal fará un ditame sobre o recurso presentado no Consello de Ministros para ilegalizar a aplicación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa nas escolas públicas do país.

    Fonte: Público

    01 de marzo de 2018

    Os días 2 e 3 de marzo de 2018 convocarase na Universidade de Oviedo un seminario organizado pola asociación Iniciativa polo Asturiano para informar a cidadanía das implicacións positivas que tería a inclusión da lingua asturiana na sociedade.

    Fonte: El Cofidencial Autonómico

    01 de marzo de 2018

    Os números XVI-XVII da revista de poesía galega actual Clave Orión homenaxean os profesores Aurora López e Andrés Pociña. A publicación, que ofrece nesta entrega o seu volume noveno, presentárona o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a directora, escritora e académica da lingua galega Luz Pozo Garza.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder