Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de marzo de 2018

    A Xunta de Galicia investiga un caso de discriminación lingüística contra dúas funcionarias da delegación territorial autonómica en Lugo que se negaron a atender en galego a unha cidadá.

    Fonte: Galicia Confidencial

    06 de marzo de 2018

    A XI edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas porá en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino e valorará especialmente as iniciativas que fomenten a educación en igualdade do alumnado.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de marzo de 2018

    Os centros de estudo do galego do exterior da nosa comunidade, coordinados desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, póñenlle o ramo á programación conmemorativa da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia coa peza audiovisual Martín Códax Universal, que promoven as secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de marzo de 2018

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na sede da Fundación Novoneyra na presentación do volume Os Eidos. O libro do Courel.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de marzo de 2018

    O Goberno de Escocia anunciou que vai recibir unha axuda de 3 millóns de libras esterlinas para poder implementar o seu novo sistema de ensino de linguas na educación pública.

    Fonte: The Sunday Post

    05 de marzo de 2018

    A actriz británica, Rachel Shenton, empregou a lingua de signos no seu discurso de agradecemento polo Óscar á mellor curtametraxe por The Silent Child.

    Fonte: BuzzFeed

    05 de marzo de 2018

    Dende o curso 2010-2011 apréciase un descenso paulatino da docencia en lingua galega. Así, se no curso 2009-2010 o seu uso era do 32,76 %, nos nove anos posteriores esta porcentaxe baixou trece puntos.

    Fonte: O Cartafol Dixital

    05 de marzo de 2018

    O Movemento Veciñal Estradense (Móvete) denunciou que a ordenanza reguladora de normalización lingüística do Concello da Estrada non se cumpre na sinalización da Zona dos Viños.

    Fonte: Faro de Vigo

    05 de marzo de 2018

    Unhas 159 obras publicadas por 42 editoriais no 2017 foron traducidas ao catalán grazas ao apoio da Generalitat de Cataluña, a través dunha nova liña de axudas dirixidas exclusivamente á súa tradución. As obras poden ser consultadas e solicitarse en préstamo no Portal da Lingua Catalá.

    Fonte: GenCat

    05 de marzo de 2018

    En marzo de 2003 nacía a Galipedia, a Wikipedia en lingua galega, que xa supera na actualidade as 145 000 entradas sobre todo tipo de temas. Para celebrar este aniversario está convocado un wikimaratón do Día Internacional da Muller, co que se pretende darlles entrada a artigos sobre mulleres destacadas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder