Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de marzo de 2018

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega presentaron a sexta edición do programa lúdico-musical "No bico un cantar", iniciativa que xunta poesía e mocidade cun formato de concerto coral formado por voces procedentes de toda Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de marzo de 2018

    Novas accións dinamizarán o galego no Bierzo dentro do Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais pola Junta de Castela e León. Así o anunciou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa na que se deron a coñecer os detalles do novo Premio Morales para a Promoción do Galego no Bierzo, unha iniciativa destinada aos 19 centros de ensino do galego de León e Zamora: 8 CEIP, CRA e IES; ademais da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ponferrada.

    08 de marzo de 2018

    O último informe realizado sobre a situación das linguas cooficiais e linguas minoritarias de España presentado ao Consello Europeo xa non inclúe a lingua árabe ceutí, xa que se considera que pola súa orixe non pode ser considerada unha lingua rexional española.

    Fonte: El Faro de Ceuta

    08 de marzo de 2018

    A finais de marzo de 2018 poderán visualizarse as películas participantes no premio "Espiello Agora x l'aragonés", unha iniciativa que nace co obxectivo de promover o patrimonio lingüístico aragonés e fomentar a creación audiovisual nesta lingua.

    Fonte: AraInfo

    08 de marzo de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a Maica Caramés Gómez no acto de presentación da obra A Madriña, que edita Fervenza co apoio da Consellería de Cultura.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de marzo de 2018

    Máis de 32 000 sinaturas no Reino Unido apoian unha petición en liña que demanda que a lingua de signos británica poida integrarse como materia no currículo do primeiro ciclo de secundaria.

    Fonte: BBC

    07 de marzo de 2018

    O Goberno de Australia, en palabras do seu ministro de Cidadanía, Alan Tudge, imporá a superación de probas de inglés máis estritas para as persoas que desexen obter a nacionalidade australiana.

    Fonte: SBS

    07 de marzo de 2018

    O Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, acolleu a entrega dos VI Premios Nós tamén creamos! a curtas de animación en galego realizadas baixo a técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística homónimo promovido pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galcia (CRTVG) e con OQOeditora.

    07 de marzo de 2018

    A capital de Galicia acolleu unha homenaxe a Ramón María Valle-Inclán cunha lectura pública de fragmentos da súa obra, na que participou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e da directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de marzo de 2018

    O CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) e mais o IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra fixéronse cos galardóns do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder