O Parlamento vasco quere formalizar a súa proposta para conseguir que o alumnado que supere a educación secundaria obrigatoria reciba, polo menos, o nivel B2 de lingua vasca, correspondente co segundo dos catro niveis existentes.
Fonte: Deia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Parlamento vasco quere formalizar a súa proposta para conseguir que o alumnado que supere a educación secundaria obrigatoria reciba, polo menos, o nivel B2 de lingua vasca, correspondente co segundo dos catro niveis existentes.
Fonte: Deia
Máis de trinta centros educativos procedentes de diferentes áreas das Illas Baleares celebraron un encontro no que compartir as súas ideas e proxectos para fomentar e dinamizar o uso da lingua catalá nas aulas para ao alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e adultos.
Fonte: 20 Minutos
Os Cursos de verán de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras", organizados pola Real Academia Galega, desenvolveranse entre os días 2 e 24 de xullo de 2018 en Santiago de Compostela.
Fonte: RAG
Aínda que existen moitas zonas nas que o aragonés é a lingua de uso nas relacións persoais e sociais, en xeral obsérvase que preto dun terzo dos fablans (falantes do aragonés) xa non lles transmiten a lingua como herdanza aos seus descendentes.
Fonte: AraInfo
O IX Premio Rosalía de Castro de Lingua 2018 ten como obxectivo recoñecer o traballo de persoas, colectivos, asociacións ou entidades que destaquen polo seu compromiso coa promoción e dignificación do patrimonio lingüístico galego.
Fonte: Deputación da Coruña
Un estudo recente sobre o uso do éuscaro no ámbito público na comunidade de Navarra mostra un pequeno descenso no seu uso en comparación cos datos de 1993, se ben se observa un progresivo incremento nos últimos cinco anos.
Fonte: Diario de Navarra
O Parlamento de Letonia aprobou unha lei que obriga as escolas das minorías lingüísticas a introducir o letón como lingua de instrución.
Fonte: TASS
A Asociación de Linguas Modernas dos EUA realizou un estudo que revela un acusado descenso no número de matrículas en cursos de linguas estranxeiras en centros de ensino universitario.
Un proxecto desenvolvido pola asociación Academia Bona Creansa permitirá que un total de 111 alumnas e alumnos de ensino medio da localidade italiana de Trissino poidan aprender a lingua véneta durante o mes de marzo.
Fonte: Miur Istruzione
Empregados da Casa Branca reuníronse con representantes de ProEnglish, o colectivo que demanda que o inglés se converta en lingua oficial dos EUA.
Fonte: Review Journal
Subscríbase ao boletín