Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de marzo de 2018

    O Parlamento de Navarra e a Real Academia Vasca renovaron o seu convenio de colaboración para continuar co seu proxecto de converter o éuscaro na lingua oficial das Cámaras lexislativas, establecendo unha terminoloxía parlamentaria común que sirva para todos os territorios nos que se fala esta lingua.

    Fonte: Navarra

    15 de marzo de 2018

    O I Festival de Poesía para o Corpo Principal Alguén que RESPIRA! conmemorará o Día Mundial da Poesía, do 21 ao 24 de marzo, organizado polo Concello de Santiago e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de marzo de 2018

    A Dirección Xeral de Política Lingüística e o Instituto de Estatística de Cataluña comezan esta semana un macroestudo de usos lingüísticos no ano 2018, que se estenderá ata o mes de setembro tras enquisar unha mostra de 9000 persoas maiores de 14 anos.

    Fonte: GenCat

    14 de marzo de 2018

    Un estudo desenvolvido na Universidade McGill, no Canadá, revelou que as nenas e os nenos autistas poderían atopar beneficios na aprendizaxe dunha segunda lingua.

    Fonte: Crescer

    14 de marzo de 2018

    O partido populista de dereitas Alternativa para a Alemaña (AfD, polas súas siglas en alemán) quere aprobar unha lei que fixe o alemán como lingua nacional coa intención de protexelo da irrupción e implantación de palabras anglófonas.

    Fonte: Deutsche Welle

    14 de marzo de 2018

    O novo videoclip 'Este vaise', producido pola compañía galega de espectáculos Queiman e Pousa, promociona a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de marzo de 2018

    A Irmandade Xurídica Galega recoñecerá neste acto o labor de tres maxistrados (Edgar Fernández Closs, Carmen Pose Amado e Xoán Manuel Hermo Costoya) que no seu día foron pioneiros en ditar sentenzas en lingua galega.

    Fonte: Faro de Vigo

    14 de marzo de 2018

    Nos últimos tempos, obsérvase en Cataluña un maior interese por aprender lingua galega por parte de descendentes de galegos pero tamén de cataláns con curiosidade por este idioma. Por este motivo, unha cooperativa catalá imparte clases de galego en Barcelona para paliar a falta de oferta para estudalo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    14 de marzo de 2018

    O grupo de expertos da Real Academia Española está estudando a posibilidade de modificar a definición da palabra "luxo" por considerar que as acepcións recollidas actualmente no dicionario conteñen unha connotación negativa.

    Fonte: Debate

    14 de marzo de 2018

    O municipio vasco de Gautegiz Arteaga convocará un concurso de contos dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. O principal obxectivo é fomentar o uso da lingua vasca, ademais de promover a imaxinación e o pensamento creativo entre os participantes.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder